Primeiro traballo longo desta explosiva banda de rock and roll liderada polo afamado Dj, productor e guitarrista, Healer Selecta, o cal comenzou a andaina desta banda case que coma un producto de laboratorio. Pero non vos trabuquedes, coma amosaron as súas recentes presentacións peninsulares, iso non contradice o feito de que liderados pola explosiva vocalista Kay Elizabeth(treme Lisa Kekaula!), The Dustaphonics ao vivo sexan unha banda compenetrada ao máximo, que transmite forza, sentimento e diversión a partes iguais.

En disco a súa música tampouco defrauda, e sona coma ten que sonar o rock and roll, vivo, fresco e directo, sen artificios innecesarios, sen perfeccionismo deshumanizante, senón todo o contrario, coma se fose gravado a mediados dos anos 60.

Abren o disco con “Eat my dustaphonics”, un tema instrumental na mellor tradición surfeira, que lembrarate a Dick Dale, Link Wray e compañía. O seguinte tema, “Burlesque queen”, conta cun extraordinario saxo, falamos dun blues pantanoso, arrastrado, decadente, que tamén conta cunha intrepretación vocal sinxelamente sublime…e así ata sumar catorce temas onde mesturan de xeito moi natural rock, rythm’n’blues, garaxe, surf ou soul. Salientar temas coma “The jinx” ou “Party girls”, que noutras circunstancias( dígamos se o público masivo tivera certo gusto musical, so certo…)estarían copando todalas listaxes de éxitos, tratándose de temas pegadizos e bailables a máis non poder. Adican un tema (“Tura faster pussycat”) á finada Tura Satana, que por certo escribiu a letra de “Burlesque queen”.

Máis info: http://www.myspace.com/thedustaphonics

 

Andrés Herrera volve pór a vestimenta de Pájaro para lanzar o seu novo traballo ‘Santa Leone’. Este rockeiro, que xa estivo con Silvio en Sacramento, con Brigada Ligera, Pata Negra ou Kiko Veneno, trae a terras mecas o seu novo álbum presentado no Festival Monkey Week.

Un novo venres, e tras o paso dos mecos Los Thyssen e os mallorquíns Beach Beach, chega ao Twist & Shout un veterano da guitarra: Andrés Herrera. Rock, surf, swing, blues ou spaguetti western son algúns dos estilos que se atopan no seu traballo.

‘Santa Leone’ conta coa colaboración de músicos coñecidos coma Gecko Turner ou Julián Maeso e o seu paso polo Twist & Shout vén confirmar a aposta da sala pola música ao vivo e de calidade, amais de resucitar as noites de venres na península de O Grove.
TWIST & SHOUT (Rúa Jaime Solá Mestre número 9. O Grove)
23:30 horas. Venres 11, entrada: 5 €
Máis info: http://pjaro.bandcamp.com/

No seguinte ligazón atoparedes a entrevista que realicei para http://www.dioivo.eu/ a Bocixa, vocalista de Zënzar, co galo da presentación e edición do seu novo traballo discográfico, “Vaise armar”:

Entrevista a Bocixa

Que aproveite!

O pase de diapositivas require JavaScript.

-O pasado 6 de abril púxose a venda “MMXXII”,  o novo traballo discográfico dos veteranos Killing Joke. O traballo está dispoñible en versión dixital, en CD e tamén en vinilo para os fans máis entusiastas. A continuación podedes ver o primeiro videoclip dun tema extraído do mesmo.

-O vindeiro 3 e 4 de agosto do presente ano, celebrarase en Bueu o XI Festival  SonRías Baixas no Recinto Multiusos da Estacada de Bueu(Pontevedra), organizado un ano máis pola asociación Troula na Banda. Este ano anuncian xa a participación dos reunidos Herdeiros da Crus e dos cataláns La Pegatina, aos que se sumaran 8 bandas máis todavía por confirmar. Dende o pasado 30 de marzo están xa dispoñibles os abonos para os ous días do festival, cun  prezo de 15€ máis gastos, en Ticketmaster e Codetickets. Máis info en www.sonriasbaixas.info.

-O vindeiro venres 19 de maio estarán The Brosas xunto con Infección e Zigua no Sweet01 de Xixon  a partires das 21:30 horas e cunha entrada de 3€.

-Xa se pode escoitar despois de 15 anos de agarda, un novo tema de Soundgarden que irá incluído na banda sonora de The Avengers, “Avengers assemble”.  A BSO verá a luz o vindeiro 24 de abril, e o tema  titulase “Live to rise”; se queredes saber a miña opinión persoal, se todo o seu novo disco segue esa onda, o mellor que puideron facer era non terse reunido xamais. Podedes escoitalo tema a continuación nunha captura de non moi boa calidade, pero é o que hai.

-Xa está na rúa “Flechas cardinales, o primeiro traballo discográfico de Barricada sen  Enrique Villarreal, “El Drogas”, na súa formación. O videoclip do primeiro single, “Punto de mira”, podedes visionalo deseguido.

O pasado sábado 31 de marzo, Ruxe-ruxe presentaron na Sala capitol de Compostela o seu novo traballo, “Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras”, nun apoteósico concerto que gozou dunha resposta popular masiva, coa sala chea de xente ansiosa por gozar coa música da banda.

Abriron a festa Medomedá, que quentaron ao persoal coa súa mestura de rock duro e vodevil, seguendo a estela de bandas coma os Heredeiros da Crus(ou de orquestras coma a Panorama, a ratos). Excesivo para o meu gusto o seu afán por versionear temas a cal máis horteira, pero tamén é certo que a boa parte do público parecía gustarlle.

Deseguido saíron en tromba os Ruxe-ruxe de Aríns, rachando coa pana e co pantalón vaqueiro. Entrega total por parte da banda, e espectacular a colaboración de Dios ke te crew, que puxonos a todo-los presentes os pelos coma escarpias.

Tamén estiveron compartindo escenario coa banda o inmenso Bocixa de Zënzar, Roi Quempallou e Xabier Díaz.

Abriron o concerto con “Rock do país”, o pegadizo tema que fora adianto do seu novo traballo discográfico, e continuaron ata o final mesturando temas dos seus diferentes discos, facendo as delicias dos presentes.

Rock, punk, folk…entre algunhas outras cousas, son os condimentos da salsa que prepara Ruxe-ruxe, e que xunto coa súa entrega e pericia instrumental e a honradez e autenticidade que destilan as súas cancións, fan que o público caia rendido aos seus pés si ou si.

Obrigado velos so que sexa unha vez, senón o fas de vivo, faralo de….

Aquí podedes botarlle unha ollada ao cartaz da XVII edición do Derrame Rock na que será a segunda vez do festival en terras  galegas, e  que contara cunha representación de bandas da terra.

– A edición portuguesa do Primavera Sound, o Optimus Primavera Sound, xa ten confirmadas máis de 50 bandas, podedes ver aquí a listaxe.  Lembrade que o evento terá lugar en Porto entre o 7 e o 10 de xuño.

Galizamusica é unha distribuidora alternativa  de música e merchandising de bandas galegas que se expresan na língua propia, e que se apoiades a nosa música, non debedes deixar escapar a oportunidade de botarlle un ollo ao seu catálogo.

Músicaengalego é unha web de promoción e difusión da música da nosa terra e no noso idioma, que conta tamén cunha radio na que poderas escoitar música no idioma de Castelao durante as 24 horas do día.

Pois ben, agora Galizamúsica e Músicaengalego comezan unha nova etapa de colaboración conxunta, como dín eles mesmos, “a prol da nosa música”.

-Pouca broma coa xente do Resurrection Fest, na súa web teñen pendurado o que será o cartaz (aínda non definitivo) de bandas que estarán tocando en Viveiro entre o 2 e o 4 de agosto do presente ano. Suicidal Tendencies, Hatebreed, Descendents ou At the gates son algunhas delas.

-Lembrade que este 31 de marzo temos tod@s unha cita na Sala Capitol de Compostela, onde Ruxe-ruxe presentaran o seu novo traballo discográfico(” Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras”)na compaña de Medomedá. A cita será as 21:00 e a entrada 5€ anticipada sen Cd, 10 € anticipada con Cd, e 12€ en taquilla co Cd.Deseguido podedes mirar o clip do seu novo tema “Adiante”. Máis info en http://www.ruxeruxe.com/

-Estas son as vindeiras datas de presentación do “Importame merda”, o novo disco de Kästoma que podedes descargar de balde dende aquí.

30 Marzo - ALDÁN - Pub Dous de Maio
7 abril - MALPICA - Pub Leño
14 abril - MEIRAMA - Salón de Festas
27 abril - CARBALLO - Pub A Reserva
18 Maio - FISTERRA - Pub Boulevard
Máis info en http://kastoma.com/

A que fora declarada a banda máis rápida do mundo (coñecido, claro), pais do grindcore e berce doutras formacións coma Cathedral, Carcass ou Terrorizer, edita o seu novo disco, o décimocuarto dende aquel seminal e primitivo “Scum” do ano 1986. Falo de Napalm Death, a banda extrema por excelencia.

“Utilitarian” é o título escollido para nomear a súa nova colección de granadas sonoras, e trala súa escoita varias cousas quedan meridianamente claras.

En primeiro termo, que non teñen ningunha intención de amansarse nin musical nin letrísticamente, ou sexa, a palabra madurez para eles ten un significado moi diferente ao que adoita ter para a maioría dos mortais.

En segundo lugar, que despois de máis de tres décadas en activo aínda son capaces de amosarse agresivos, viscerais e imaxinativos coma se dunha banda de post-adolescentes estiveramos falando, mantendo a súa capacidade de sorpresa intacta como testemuña a utilización do alporizado saxo de Jon Zorn nun tema como “Everyday pox”, o uso de teclados en “Circumspect” ou as voces limpas da pegadiza “The wolf i bleed”.

Outra sorpresa do disco é a maior variedade vocal utilizada por “Barney” Greenway (dentro dos seus parámetros), e o incremento do apoio vocal a cargo do guitarrista Mitch Harris, o que sumado a unhas excelentes composicións e aos imaxinativos riffs que acompañan á maioría delas, da coma resultas un dos discos máis redondos da banda.

En definitiva, este traballo podería ser unha versión máis visceral e agresiva do seu disco do 1996, Diatribes, un disco no que abrían o seu campo sonoro e incorporaban máis elementos metal, industriais e incluso noise, ao seu primixenio hardcore-punk desbocado (que continuou cunha etapa máis death metaleira).

Se es quen de enfrontarte ao dobre asalto da banda, por un lado o sonoro, e por outra banda o letrístico ataque frontal ao actual sistema capitalista e aos seus centos de contradicións, recoméndoche este disco cos ollos pechados. Nos dicionarios debería incorporarse a expresión “napalm death” como antónimo da palabra conformismo.

Dezaseis temas, máis dous bonus tracks na edición especial, que podedes atopar en diferentes edicións, un CD, Digipack ou en dobre vinilo.

Máis info: http://www.napalmdeath.org/

Cando  se xuntan as  tres características que eu considero básicas para falarmos dunha grande banda de rock and roll,  coma son actitude, sentimento e boas cancións(amén dunha pericia instrumental fora de toda dúbida), podes ter a seguridade  de que asistir a un concerto de calquera banda que as cumpra, vai ser un acerto tanto a nivel anímico coma musical. E así foi. A Blues Explosion, comandada polo infalible Jon Spencer, deu unha clase de saber estar sobre un escenario, sobretodo Jon Spencer que coa súa soa presenza  enche o escenario só coma os máis  grandes do rock and roll saben facer.

O público respondeu enchendo a sala e colaborando cando Spencer o requería,  comunión total entre banda e público, mentres Spencer repetía o mantra “Blues Explosion!” unha e outra vez, que como día a canción vinte anos non son nada, e se levas o verme do rock and roll ben cravado no máis fondo das túas entrañas, aínda menos.

O peso dos case 100 minutos de actuación recaen sobre o frontman, que amosou unha entrega encomiable, mentres o case-estático Judah Bauer secundabao cunha segunda guitarra estratosférica e Rusell Simms levaba o ritmo de xeito preciso e contundente.

O son moi bó, nítido e potente, punk-blues(si, esta definición quédase moi curta) de primeira orde, esquecéndose de discos máis standard coma “Plastic fang” en favor do seu son primixenio máis agresivo. Soando garaxeiros e lisérxicos cando se requería, encadeando tema tras tema, instrumentais e improvisacións, oubidos por parte de Spencer( na mellor tradición Iggy Pop), xa sabes….rock and roll baby!!!

En breve, antes do verán, editaran o seu novo traballo discográfico que xa teñen gravado, e no que prometen soar ben duro.

Novo disco destas bestas pardas de Frisco, novo traballo do seu particular e visionario rock psicodélico e garaxeiro. Temas hipnóticos e melódicos dun xeito as veces incómodo e retorcido pero moi directo. O que ao comezo ían ser dous maxis, remataron conformando coa súa fusión este Lp sorprendentemente homoxéneo e moi aproveitable. As veces maxistral, coma nos máis de cinco minutos de hipnosis repetitiva de “Robber barons”, cumio creativo do Lp ao meu entender, ou nos laios guitarreiros da instrumental “Chem-Farmer”, auténtico mantra sonoro que invita ao abandono e á inmersión na súa hipnótica e percusiva repetición esquemática. Tamén moi salientable “The dream”, o tema máis longo do Lp, veloz, coa voz melódica e infantiloide  de Brigid Dawson(tamén teclista) engadindo o contrapunto sonoro ás  guitarras e ao monótono golpear da batería. A maioría dos temas están cantados polo guitarrista Joh Dwyer, e ademais do compoñente psicodélico imperante, tamén teñen un compoñente punk importante sobre todo en temas como “Crushed grass” ou a inmediata “Opposition” e a súa sinuosa e estimulante liña de baixo. En definitiva a tradición psicodélica dunha cidade berce do movemento coma San Francisco, está completamente a salvo nas máns de Thee Oh Sees. Recomendable se gustas dos sons garaxeiros e psicodélicos, doutro xeito tal vez a súa dixestión sexa difícil para ti. Edita IN THE RED, xa non teño que dicir máis.

Máis info: http://www.theeohsees.com

-O novo disco de Zenzar titularase “Vaise Armar”, sairá á venda en maio e será presentado na Sala Josfer(entre Ordes e Carral). En breve poderedes escoitar algún adianto e nos darán mais datos da presentación oficial e doutros concertos xa confirmados. Máis info:http://www.zenzar.info/web/

-Munster Records editan unha serie de singles moi interesantes que envían a aqueles que estén suscritos o seu CLUB DEL SINGLE(coma é o meu caso), pero que tamén se poden mercar, por exemplo, na súa web. Por exemplo, os cinco temas (inéditos no seu momento),  de La Banda Sin Futuro(o outro proxecto dos membros de Derribos Arias), única testemuña auditiva do bó facer do combo en canto a punk, post-punk, after-punk…ou coma queiras chamar as marcianadas do xenial e histriónico Poch e compañía. Tamén un single con catro temas de Glutamato Ye-ye, un  de Eskorbuto cos temas “Ya no quedan más cojones” e “Los polvos, la sangre, los muertos”(sacados daquela mítica cinta), catro temas de Paraíso, ou o single dos xeniais Dustafonics, co tema estrela “The Jinx”(podedes ver o video do tema deseguido) en versión standar e instrumental máis un tema extra, entre outras lambetadas vinílicas que podedess atopar na súa web:Munsterama

-Os remozados Corrosion of Conformity, editaron o seu  novo e autotitulado traballo discográfico, o primeiro dende o  xenial “In the arms of god” do 2005 aínda con Pepper keenan nas súas filas. Lembrade que a banda volveu coa súa formación orixinal, a que gravou discos básicos do crossover coma “Animosity” ou “Technocracy”: Reed Mullin  á batería, Mike Dean ao baixo e voz, e Woody Weatherman as guitarras. O disco foi editado en versión CD e dobre LP, é musicalmente supón unha volta ao seu son primixenio mesturado coas súas características referencias sabbathianas. A continuación o videoclip do primer single do disco…

Máis info: http://www.coc.com/

-Lobishome é un trio de animais musicais que editaron o 01/01/2012 a súa primeira referencia discográfica titulada, “Los seres extraños que habitan tu mente”, onde despregan un son garaxeiro-surfeiro, que tanto pode recordarche aos Dead Kennedys coma bandas de cariz máis pop, sempre sen abandoar a suciedade e unha urxencia que invita ao desmelene psicotrópico e ao baile mega-epiléptico. Nove temas compoñen esta primeira andanada sónica da banda de Montalvo que podes escoitar en http://lobishome.bandcamp.com/album/los-seres-extra-os-que-habitan-tu-mente.

-Supoño que a maioría de vos xa o saberedes, pero o maior reclamo do Azkena Rock Festival para a edición deste ano 2012 ao meu xeito de ver, ou sexa o regreso da formación orixinal de Black Sabbath aos escenarios, e por riba presentando un novo traballo discográfico, foise a merda por mor do linfoma contra o que está loitando Tony Iommi, guitarra da mítica formación. O seu posto no cartel do festival e sustituido por un Ozzy & Friends que da máis medo que xenera boas expectativas. Agardemos que a cousa sexa temporal e poidamos desfrutar ao vivo da lexendaria banda máis aló do seu confirmado concerto no Download.