Ruxe-ruxe (31/03/2012).Sala Capitol, Compostela

Publicado: 03/04/2012 en Crónicas ao vivo

O pasado sábado 31 de marzo, Ruxe-ruxe presentaron na Sala capitol de Compostela o seu novo traballo, “Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras”, nun apoteósico concerto que gozou dunha resposta popular masiva, coa sala chea de xente ansiosa por gozar coa música da banda.

Abriron a festa Medomedá, que quentaron ao persoal coa súa mestura de rock duro e vodevil, seguendo a estela de bandas coma os Heredeiros da Crus(ou de orquestras coma a Panorama, a ratos). Excesivo para o meu gusto o seu afán por versionear temas a cal máis horteira, pero tamén é certo que a boa parte do público parecía gustarlle.

Deseguido saíron en tromba os Ruxe-ruxe de Aríns, rachando coa pana e co pantalón vaqueiro. Entrega total por parte da banda, e espectacular a colaboración de Dios ke te crew, que puxonos a todo-los presentes os pelos coma escarpias.

Tamén estiveron compartindo escenario coa banda o inmenso Bocixa de Zënzar, Roi Quempallou e Xabier Díaz.

Abriron o concerto con “Rock do país”, o pegadizo tema que fora adianto do seu novo traballo discográfico, e continuaron ata o final mesturando temas dos seus diferentes discos, facendo as delicias dos presentes.

Rock, punk, folk…entre algunhas outras cousas, son os condimentos da salsa que prepara Ruxe-ruxe, e que xunto coa súa entrega e pericia instrumental e a honradez e autenticidade que destilan as súas cancións, fan que o público caia rendido aos seus pés si ou si.

Obrigado velos so que sexa unha vez, senón o fas de vivo, faralo de….

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s