John Spencer Blues Explosion. Sala Capitol (13/03/2012) Compostela.

Publicado: 15/03/2012 en Crónicas ao vivo

Cando  se xuntan as  tres características que eu considero básicas para falarmos dunha grande banda de rock and roll,  coma son actitude, sentimento e boas cancións(amén dunha pericia instrumental fora de toda dúbida), podes ter a seguridade  de que asistir a un concerto de calquera banda que as cumpra, vai ser un acerto tanto a nivel anímico coma musical. E así foi. A Blues Explosion, comandada polo infalible Jon Spencer, deu unha clase de saber estar sobre un escenario, sobretodo Jon Spencer que coa súa soa presenza  enche o escenario só coma os máis  grandes do rock and roll saben facer.

O público respondeu enchendo a sala e colaborando cando Spencer o requería,  comunión total entre banda e público, mentres Spencer repetía o mantra “Blues Explosion!” unha e outra vez, que como día a canción vinte anos non son nada, e se levas o verme do rock and roll ben cravado no máis fondo das túas entrañas, aínda menos.

O peso dos case 100 minutos de actuación recaen sobre o frontman, que amosou unha entrega encomiable, mentres o case-estático Judah Bauer secundabao cunha segunda guitarra estratosférica e Rusell Simms levaba o ritmo de xeito preciso e contundente.

O son moi bó, nítido e potente, punk-blues(si, esta definición quédase moi curta) de primeira orde, esquecéndose de discos máis standard coma “Plastic fang” en favor do seu son primixenio máis agresivo. Soando garaxeiros e lisérxicos cando se requería, encadeando tema tras tema, instrumentais e improvisacións, oubidos por parte de Spencer( na mellor tradición Iggy Pop), xa sabes….rock and roll baby!!!

En breve, antes do verán, editaran o seu novo traballo discográfico que xa teñen gravado, e no que prometen soar ben duro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s