Arquivo para Maio, 2012

Primeiro traballo longo desta explosiva banda de rock and roll liderada polo afamado Dj, productor e guitarrista, Healer Selecta, o cal comenzou a andaina desta banda case que coma un producto de laboratorio. Pero non vos trabuquedes, coma amosaron as súas recentes presentacións peninsulares, iso non contradice o feito de que liderados pola explosiva vocalista Kay Elizabeth(treme Lisa Kekaula!), The Dustaphonics ao vivo sexan unha banda compenetrada ao máximo, que transmite forza, sentimento e diversión a partes iguais.

En disco a súa música tampouco defrauda, e sona coma ten que sonar o rock and roll, vivo, fresco e directo, sen artificios innecesarios, sen perfeccionismo deshumanizante, senón todo o contrario, coma se fose gravado a mediados dos anos 60.

Abren o disco con “Eat my dustaphonics”, un tema instrumental na mellor tradición surfeira, que lembrarate a Dick Dale, Link Wray e compañía. O seguinte tema, “Burlesque queen”, conta cun extraordinario saxo, falamos dun blues pantanoso, arrastrado, decadente, que tamén conta cunha intrepretación vocal sinxelamente sublime…e así ata sumar catorce temas onde mesturan de xeito moi natural rock, rythm’n’blues, garaxe, surf ou soul. Salientar temas coma “The jinx” ou “Party girls”, que noutras circunstancias( dígamos se o público masivo tivera certo gusto musical, so certo…)estarían copando todalas listaxes de éxitos, tratándose de temas pegadizos e bailables a máis non poder. Adican un tema (“Tura faster pussycat”) á finada Tura Satana, que por certo escribiu a letra de “Burlesque queen”.

Máis info: http://www.myspace.com/thedustaphonics

Advertisements

 

Andrés Herrera volve pór a vestimenta de Pájaro para lanzar o seu novo traballo ‘Santa Leone’. Este rockeiro, que xa estivo con Silvio en Sacramento, con Brigada Ligera, Pata Negra ou Kiko Veneno, trae a terras mecas o seu novo álbum presentado no Festival Monkey Week.

Un novo venres, e tras o paso dos mecos Los Thyssen e os mallorquíns Beach Beach, chega ao Twist & Shout un veterano da guitarra: Andrés Herrera. Rock, surf, swing, blues ou spaguetti western son algúns dos estilos que se atopan no seu traballo.

‘Santa Leone’ conta coa colaboración de músicos coñecidos coma Gecko Turner ou Julián Maeso e o seu paso polo Twist & Shout vén confirmar a aposta da sala pola música ao vivo e de calidade, amais de resucitar as noites de venres na península de O Grove.
TWIST & SHOUT (Rúa Jaime Solá Mestre número 9. O Grove)
23:30 horas. Venres 11, entrada: 5 €
Máis info: http://pjaro.bandcamp.com/