Arquivo para a categoría ‘Crónicas ao vivo’

O pasado sábado 31 de marzo, Ruxe-ruxe presentaron na Sala capitol de Compostela o seu novo traballo, “Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras”, nun apoteósico concerto que gozou dunha resposta popular masiva, coa sala chea de xente ansiosa por gozar coa música da banda.

Abriron a festa Medomedá, que quentaron ao persoal coa súa mestura de rock duro e vodevil, seguendo a estela de bandas coma os Heredeiros da Crus(ou de orquestras coma a Panorama, a ratos). Excesivo para o meu gusto o seu afán por versionear temas a cal máis horteira, pero tamén é certo que a boa parte do público parecía gustarlle.

Deseguido saíron en tromba os Ruxe-ruxe de Aríns, rachando coa pana e co pantalón vaqueiro. Entrega total por parte da banda, e espectacular a colaboración de Dios ke te crew, que puxonos a todo-los presentes os pelos coma escarpias.

Tamén estiveron compartindo escenario coa banda o inmenso Bocixa de Zënzar, Roi Quempallou e Xabier Díaz.

Abriron o concerto con “Rock do país”, o pegadizo tema que fora adianto do seu novo traballo discográfico, e continuaron ata o final mesturando temas dos seus diferentes discos, facendo as delicias dos presentes.

Rock, punk, folk…entre algunhas outras cousas, son os condimentos da salsa que prepara Ruxe-ruxe, e que xunto coa súa entrega e pericia instrumental e a honradez e autenticidade que destilan as súas cancións, fan que o público caia rendido aos seus pés si ou si.

Obrigado velos so que sexa unha vez, senón o fas de vivo, faralo de….

Cando  se xuntan as  tres características que eu considero básicas para falarmos dunha grande banda de rock and roll,  coma son actitude, sentimento e boas cancións(amén dunha pericia instrumental fora de toda dúbida), podes ter a seguridade  de que asistir a un concerto de calquera banda que as cumpra, vai ser un acerto tanto a nivel anímico coma musical. E así foi. A Blues Explosion, comandada polo infalible Jon Spencer, deu unha clase de saber estar sobre un escenario, sobretodo Jon Spencer que coa súa soa presenza  enche o escenario só coma os máis  grandes do rock and roll saben facer.

O público respondeu enchendo a sala e colaborando cando Spencer o requería,  comunión total entre banda e público, mentres Spencer repetía o mantra “Blues Explosion!” unha e outra vez, que como día a canción vinte anos non son nada, e se levas o verme do rock and roll ben cravado no máis fondo das túas entrañas, aínda menos.

O peso dos case 100 minutos de actuación recaen sobre o frontman, que amosou unha entrega encomiable, mentres o case-estático Judah Bauer secundabao cunha segunda guitarra estratosférica e Rusell Simms levaba o ritmo de xeito preciso e contundente.

O son moi bó, nítido e potente, punk-blues(si, esta definición quédase moi curta) de primeira orde, esquecéndose de discos máis standard coma “Plastic fang” en favor do seu son primixenio máis agresivo. Soando garaxeiros e lisérxicos cando se requería, encadeando tema tras tema, instrumentais e improvisacións, oubidos por parte de Spencer( na mellor tradición Iggy Pop), xa sabes….rock and roll baby!!!

En breve, antes do verán, editaran o seu novo traballo discográfico que xa teñen gravado, e no que prometen soar ben duro.

The Sonics, a banda que rexistrou o seminal “Here are the sonics” alá polo ano 1965, e que despois dun memorable segundo disco(“Boom”), foi esvaecéndose tras fichar por un gran selo discográfico(Jerden Records), e verse na obriga de amansar o seu son, perdendo os seus sinais de identidade e o respaldo dos seus fans. Unha vez máis os intereses espureos e ignorantes dunha panda de executivos daba o traste coa carreira dunha das máis grandes bandas de rocanrol.

Pois ben, The Sonics visitaban A Coruña, e un coma bó afeccionado ao rocanrol máis ruidoso, non podía menos que presentarlle os meus respeitos a unha das bandas nais do invento(chámalle garaxe, garaxe-rock, garaxe-punk…ao gusto), o máximo expoñente do 60’s punk, e por riba de todo unha banda cunha vis visceral e enerxética coma poucas, e cuns temas que farían espertar a un morto e que por suposto eu adoro.

Que un grupo se sepárase no 1967(os orixinais, obviando a reunión puntual do 1973) , como dicía case no anonimato, e volva no 2007 co selo de lenda enriba está moi ben. Tan só apuntar, que a pouco que teñades controladas as odiadas matemáticas, caeredes na conta de que ambas datas están separadas por 40 anos de nada, por elo estamos falando non dunha banda vella, senón máis ben do seguinte, unha banda antiga que xa podería ser considerada patrimonio da humanidade. Iso sí, precisar que só tres compoñentes orixinais permanecen na banda, Gerry Roslie(voz, piano eléctrico), Larry Parypa (guitarra) e Rob Lind (saxo) , aínda que os demais supoño que os recrutarían entre os seus compañeiros de xeriátrico a xulgar polo visto(quizais coa excepción do baixista).

O Playa Club estaba petado, para a miña sorpresa e a do meu acompañante. Un público variado congrégouse para ver á banda, moitas rapazas e rapaces novos, o que é un bo sinal sen dúbida.

A cousa non poido comezar mellor para nós. Situados a poucos metros do escenario, cunha cervexa na mán e varias máis dentro do corpo, subidos nunha nube por mor da exquisita calidade dun psicotrópico con nome de muller e recibindo unhas fregas por parte de tres membros do sexo oposto, aínda non sabemos se a consecuencia das estreiteces do local ou con outras intencións máis estimulantes. Só comentar que se a intención era está ultima, a cousa funcionou ao cento por cento, alomenos co meu acompañante, ao que case teño que atar cunhas cordas para reprimir os seus instintos máis básicos.

Las Válvulas, a banda teloneira, cumpriu co obxectivo de quentar ao personal. Garaxe de manual, correcto exercicio de estilo que apreciei pero que ao medio segundo xa esquecín. Tampouco podo dicir que a miña mente estivera moi receptiva a novos sons esa noite.

Despois dun tempo que considerei excesivo, e de aumentar o porcentaxe de alcol no noso sangue, sae a banda: The Sonics.

Comenzan(creo recordar) cunha potente e rockeira “Cinderella”, e continúan cun feixe de temas proprios e versións coma “Louie, louie” ,“Have love will travel”...Algunhas das cantadas por Gerry Roslie parecían máis temas interpretados por Tom Jones que por The Sonics, pero a banda soaba ben(un logro no Playa Club), aínda que as veces recordabáme a unha orquesta.

Tocaron algúns temas da súa nova gravación(“8“, unha mestura de temas vellos en directo con algún novos en estudio) coma “Vampire kiss”, que soaban certamente máis hard-rockeiros e bluseros que o seu material clásico, cousa esta ultima que se pode aplicar a case todolos temas que cantaba o baixista. Evidentemente o toque primitivo e salvaxe aparecía con contagotas, e agás contadas excepcións, a banda soa moito máis atemperada, blusera e convencional do desexable, pero fanno ben. O final con “The Witch” foi moi axeitado, logrando unha interpretación salvaxe e cercana ao tema orixinal, incluindo os berros de Gerry Roslie. O resto do repertorio podedes imaxinalo, os esperados e desexados, a saber: a pegañenta“Psycho”, a inmensa“Strychnine “Money”, “Boss hoss”…etc

Bo concerto para render pleitesía a unha banda que xa non existe, pois istos son outros Sonics, nin mellores nin peores, tan só máis vellos, e iso nunha banda de garaxe salvaxe pode ser unha pesada lousa…que con sorte nos caerá a todos. Longa vida!

O pasado sábado doce de novembro, no Cachán Clube de Compostela fomos testemuñas dunha auténtica, pura e primixenia noite de rock and roll.: baixo, guitarra fender telecaster, unha simplificada batería(caixa, bombo, charles e ride..con Julia, a baterista, tocando de pé) e voz, para que queres máis.

Help Me Devil presentabánse por primeira vez en Compostela e facíano facendo os honores o seu primeiro traballo de título homónimo, que supura rock and roll 50’s, country  e actitude punk polos catro costados.

O artifice da banda, Juan Carlo Parlange, quen formara nos Clavos e nos Bonzos, foise a NYC a gravar este debut baixo a batuta de Matt Verta-Ray, membro de Heavy Trash, e no seu estudio totalmente analóxico, deron forma a este primeiro traballo que sona coma os anxos e que editou en vinilo e cd o selo discográfico www.folcrecords.com.
O concerto basouse polo tanto nese traballo, aínda que tamén tocaron algún tema novo e renderon pleitesía a clásicos coma Little Richard, cunha feroz versión de “Tutti Frutti”, aos Ramones, cunha sui generis versión de “Blitzkrieg bop” en clave rock and roll 50’s, ou a Hadsil Adkins co seu “Chicken walk” incluido tamén no seu disco, e durante o cal o baixista saiu cunha simpática máscara de polo. Temas propios coma “God told me to rock and roll” ou “Free of tour spell”, ambos incluidos no seu traballo, amén de todo o repertorio despregado fixeron as delicias da concurrencia, entregada a un suoroso e furioso bailoteo.

Esta banda desplega uns temas moi sinxelos, sen grandes alardes instrumentais, case sen solos, pero cunha grande capacidade melódica e de chegada. Batería a piñón fixo, boas guitarras e a bailar, tomao ou deixao. Especial mención a estupenda voz de Parlange, cantando con actitude e feeling nun perfecto inglés. Perfecto concerto, e perfecta banda para o Cachán Clube dadas as pequenas dimensións do seu escenario. Que volvan pronto que alí estaremos.

Máis info: http://es-es.facebook.com/pages/Help-Me-Devil/142987375736305

A semana pasada por mor duns problemas que non veñen ao caso, non puiden asistir ao concerto de Guadalupe Plata + Dixie Town, pero a cambio xurdeu a posibilidade de acudir a un bolo que nin tan sequera sabía que ía celebrarse: The Naked Heroes dende Brooklyn(NY) e os galegos Srasrsra no Cachán Clube de Compostela.

Coñecín a The Naked Heroes grazas a un colega que mercou na rede o seu primeiro traballo discográfico(“99 diamond”), un picture disc que incluía tamén a xeito de agasallo, unha camiseta da banda, e que presentaba a este dúo(parella, Merika Lee a batería e George Michael Jackson a guitarra, harmónica e voces) facendo un rock duro setentero, garaxero e con forte influenza blues. Temas sinxelos, feitos para berrar co puño en alto nos seus concertos.

Avisei ao meu colega da presenza dos americanos  en Santiago, e alá fomos os dous a recibir o noso bautismo no Cachán Clube, garito pequeno, pero con bó sonido, inmellorable ambiente, e onde podes escoitar a mellor música rock(nunca fora, pero dende agora sempre que poida alí estarei).

Chegamos un pouco tarde, despois de dar máis voltas cunha noria para aparcar, e cando entramos xa estaban arriba os Srasrsra. Por sorte aínda non tocaran o seu megahit “Comebolsas”,  rocanroll punkoso sen contemplacións . Temas cortos e directos que incitan a un baile epiléptico e descontrolado.

Coma anécdota comentar que  os Naked Heroes estaban xunto ao seu posto de merchandising na parte intermedia da sala durante o bolo de Srasrsra, entre a barra e o escenario, e cando viron ao meu colega coa súa camiseta alucinaron(levaba a que viña co picture disc da banda), fomos falar canda eles e mercamóslle o seu último traballo vinílico “Demon the whiskey down”(que sae a venda o día 25 de outubro, e que inclue un comic e o cd, todo por 15 €). Meu colega aproveitou, e inmortalizouse nunha antolóxica foto con eles(podedes vela aquí o carón). O vinilo por certo, ten unha portada digna de calquera grupo dos 70, e que de tan hortera que é,  mola a ostia. Tras ela,  agocháse un traballo máis pegadizo, máis blusero e garaxero que o primeiro, onde tanto poden soar coma os Cramps, coma a pantanoso blues ou a pegañento e rítmico hard-rock 70’s.

Subiu ao dúo o pequeno escenario e abriron as hostilidades co que é o primeiro single do novo disco, “Ugly girls”(podedes ver o videoclip máis abaixo). O son perfecto e moi potente, George Michael é un guitarrista instintivo, que toca con moito feeling, cunha boa e potente voz que sabe modular ao gusto; por riba, é todo un showman, o tipo non para un intre de moverse, guedellas arriba e abaixo, a dereita e a esquerda, e incitando ao público a participar nalgúns dos pegadizos retrousos dos temas. O set consistiu en temas do primeiro disco(99 diamond,Foxy moxy,  ….) mesturados con algúns do seu novo traballo( a ultrapegadizaTake a knee, Bad dog…).  Merika Lee estivo tribal e salvaxe á batería,  facendo ocasionais coros e animando a xente incluso a quitarse a camiseta, ao tempo que eles daban exemplo. As chamadas ao baile e a diversión foron continuas, a xente respondía, e pronto aquelo era unha sauna, coa xente bailando e suando na mesma proporción. Antolóxico coma George nalgúns temas tocaba a harmónica ao tempo que seguía facendo guitarra rítmica. No ultimo tema antes dos bises, Merika Lee colle o timbal base e colocase no medio do público mentres xira arredor do timbal tocando en plan tribal. Ao tempo, George pégalle a guitarra, á harmónica, berra…etc, o  público está en éxtase.

O remate, coma bises, absolutamente brutal, con “New kind of a kick” tremenda versión dos Cramps coa que literalmente case me volvín tolo(adoro a The Cramps!!!), e “T.N.T.” de AC/DC. Recomendadísimos, sobretodo ao vivo.

Máis info  e a posibilidade de descargar o seu disco en: http://www.thenakedheroes.com/

Máis info de Srasrsra en: http://www.myspace.com/srasrsra

P.D.: E non, non  penso nomear nin lembrar a The White Stripes, banda que salvando algún tema, nunca me dixo nada.

This slideshow requires JavaScript.

Slim Cessna’s Auto Club viñeron por estas terras a presentar o seu ultimo album, “Unentitled”, e eu encantado de poder asistir a data de Madrid en plenas festas de San Isidro, no Círculo de Bellas Artes, que anque non está moi ben equipado para este tipo de eventos, foi suficiente para que poidesemos comprobar como “se lo monta” a xente de Slim Cessna sobre o escenario. O son foi un pouco chungo, pero na sala de columnas xa se sabe.

Debo dicir que soamente coñecía o seu ultimo disco, e todo por mor de Radio 3 e o seu programa “Carne cruda”. A comezos de ano, o Sr. Crudo pinchou o seu tema “My last black scarft” e fíxome querer coñecer a banda que Jello Biafra “levaríase ao ultimo bar do mundo para tocar”.

Semellaba que non acudiría moita xente á chamada desta banda difícil de clasificar. Non serei eu quen diga que fan un country-rock con matices folk da América mais profunda nin cousas polo estilo, desfruto da súa música e acabouse.

A iso das dez e media subiron ao escenario, cando xa a entrada era mais que decente,
tendo en conta que eran festas en Madrid e que había unha chea de eventos gratis na cidade.
Educadamente presentaronsese, cando xa tiñan tocado os seus dous ou tres primeiros temas: “Ola, vimos de Denver, Colorado. Grazas por vir.” Para entón xa tiñan encandilada á audiencia que coreaba e bailaba os seus temas. O groso dos temas do concerto foi do seu disco “Chipre”, coma despois comentou alguén que coñecía ben á banda.

Do repertorio que eu coñecía tocaron “No doubt about it”, “A smashing incident of carater” e xa ao remate “Do you know the enema” e algunha mais que agora non lembro. Aproveito para mercar algúns dos seus discos e marcho coa sensación de ter asistido a un gran concerto.

Fotos e crónica: Raúl Gómez   
Mais fotos en: http://www.itsalive.es/

Tradución: Rockisome

   Despois de editar o seu fantástico ultimo traballo(Again & again, podedes atopar a crítica neste mesmo blogue) tocaba presentalo ao vivo, e nós  tivemos a sorte de que Galiza entrara dentro dos lugares escollidos para ese mester, inmellorablemente acompañados polos Samesugas, a piques de sacar novo traballo.

Abriron as hostilidades Samesugas,  cun son potente e nítido e o seu baixista, Alberte, sen parar nin un momento, amosando o que de verdade é actitude e entrega. Repasaron a súa discografía e presentaron un moi interesante tema novo, abrindo unha liña melódica  menos habitual no seu son. Moi bó concerto dos composteláns, tan só botei de menos algún dos seus míticos temas en galego(Non vou perder…), xa que só tocaron temas na língua de Shaeskpearre.

Con Sex Museum decotío teño un problema, vinnos moitas veces, e nunca me convence o seu setlist, ou sexa non tocan temas que para mín son básicos na súa discografía. Esta vez foi diferente no tocante ao seu ultimo traballo discográfico, tocaron todos  os que eu quería escoitar do mesmo(por min coma se o tocan enteiro, que é moi bó o seu ultimo disco, pero os que mais me chegan, quero dicir, tocaronnos). Comezaron con “Again & again”, cumio da psicodelia garaxeira, unha auténtica xema de canción,despois  foron caendo temazos coma “Seven days” mesturados con temas doutros traballos discográficos coma “Landlords”. Do seu ultimo traballo creo que tocaron catro ou cinco, o único que coma sempre, non tocaron clasicazos dos seus primeiros traballos (centranse nos seus traballos dos ultimos dez anos). En todo caso, soaron moi potentes, coa guitarra ao nivel do teclado(non por riba), coma no seu ultimo disco, cousa que me encanta. Perfecta interpretación, os irmáns Pardo estupendos , un a guitarra e outro as voces. A sección rítmica potente e avasalladora,  e Marta reinando cos seus teclados e hammond. Mención especial para Miguel que estivo ademais de fantástico a voz, moi activo fisícamente, movendose continuamente co seu particular xeito, mestura de Chris Robinson, Iggy Pop e Mick Jagger. En definitiva, concertazo e que volvan pronto (os dous grupos).

This slideshow requires JavaScript.

A Heineken viu( e escoitou) o sábado, a nova falcatruada dos Def Con Dos, esta vez acompañados de Cienfuegos, unha banda para min descoñecida, rock acelerado que lembroume un chisco as bandas de la old school.Gustaron as súas cancións, nas que intercalan inglés (o que mais) e castelán,. Hai que escoitalos, e para iso agasalláronnos cun CD de catro temas, que entra a primeira.

Def Con Dos están de volta, e tódolos asistentes ao concerto do sábado puidemos comprobalo. Máis maiores pero coa mesma enerxía que hai vinte anos, descargaron ó seu arsenal de crónica/crítica social que xa xe gustaría ao Pedro Piqueras. Ritmo rap/hardcore, ou coma queiras chamalo, para ambientar unha sala onde non había espazo para ninguén mais. AQUÍ ESTOY DE NUEVO: entra a sintonía que lles serve de presentación e a peña colle os primeiros postos.¿Que día a xente? Def Con Dos!! O escenario quedáselle pequeno a estes grandes, que cuspan o seu repertorio coa mesma ironía e carraxe que cando comezaron. Foron descargando case todos os seus greatest hits. “Tuno bueno, tuno muerto”, “Acción mutante”, “La cuklpa de todo la tiene Yoko Ono”, “El coche no”, “Veraneo en Puerto Hurraco”, “AMV”, “De caceria”, “Ultramemia” e as que te imaxinas porque faltaron moi poucas. O seu disco “Alzheimer” estivo moi presente durante toda a noite. Todos cheos de ledicia e eles mais , ao ver coma o seu discurso mantense intacto no tempo, e a xente segue respondendo a súa chamada, LONGA VIDA A DEF CON DOS.

SET -LIST

  1. ¿Qué dice la gente?
  2. Fin de siglo
  3. Tuno bueno el tuno muerto
  4. Mundo chungo
  5. Acción mutante
  6. El coche no
  7. La Culpa de Todo la Tiene Yoko Ono- Muertos del Rock Vol II
  8. Pégale al ruido ’95
  9. Ultramemia
  10. Veraneo en Puerto Hurraco
  11. A.M.V.
  12. Hipotécate tú
  13. Demasiado humano
  14. Trabajando para Dios
  15. De cacería
  16. El Día de la Bestia
  17. Mineros Locos
  18. Encore:
  19. Pánico a una muerte ridícula
  20. Destino Zoquete
  21. Alzheimer
  22. No tengo puntos
  23. No digas nada

Qué Dice la Gente (otra vez)

Texto e fotos: Raúl Gómez

Tradución: Rockisome

Se queres ver o reportaxe completo visita  http://www.itsalive.es/

This slideshow requires JavaScript.

A sala Rock Kitchen encheuse o venres so ata a metade, semella raro, tendo en conta que a aposta era dobre. Por unha banda Antonio Luque(de aquí en diante Sr. Chinarro) presentando en acústico algún dos temas que incluirá o seu novo álbum, previsto para abril e por outra Corcobado co seus versos de amor/desamor.

Apareceu, en primeiro termo sentado, e armado unicamente coa súa guitarra e voz, Sr. Chinarro, descargando o seu repertorio durante preto dunha hora. Pareceume un concerto moi íntimo; coma cando un colega saca a guitarra e os seus amigos séntanse o seu arredor para escoitalo. A diferenza era que a solvencia deste musico esta mais que comprobada, a do colega remata aburrindo as poucas cancións.

Pola outra banda a iso das dez, saíu o escenario a banda que acompaña a Corcobado nas súas aventuras mais eléctricas, Susana Cáncer, Fino Onoyarte(quen fose o baixista de Los Enemigos entre outros proxectos) Jesus Alonso e Juan Marina. Comezou o concerto con “Desde tu herida”. A partires de aí sucedéronse cancións de amor e morte, e tamén de vida. As veces amargo, outras triste e en ocasións tamén se lle escapaba un sorriso. Este músico/poeta e quen de espertar a túa faciana máis doce ou a máis salvaxe, só cun par dos seus versos. A meirande parte dos temas do repertorio pertenceron ao seu derradeiro disco, “A nadie”, aínda que non se esqueceu de “Corcobator”, en “Coches de choque”. Tamén houbo espazo para temas doutras bandas, xa que parece que o seu seguinte ataque vai ser un CD de versións. Pareceume que os mellores momentos do concerto foron cara o final, con temas como “A nadie” e “Caballitos de anís”. Apagáronse as luces e volveron con Sr. Chinarro para tocar”Por que estoy tan triste?”, acendéronse as luces e saímos cun bo sabor de boca pero con ganas de mais.

Texto e foto: Raúl Gómez

Tradución: Jorge R.

Se queres ver máis fotos do concerto ou doutros concertos, visita a web do fotógrafo: http://www.itsalive.es/

Máis info: http://www.myspace.com/corcobado
http://www.myspace.com/srchinarro

This slideshow requires JavaScript.

Estreamos sección(Crónicas ao vivo) e colaborador, Raúl Gomez, coa crónica e as fotos da presentación do derradeiro traballo, “Gargantuan melee”, da recuperada banda vasca  Atom Rhumba na sala El Sol de Madrid. Recomendo visitar a páxina de Raúl, http://www.itsalive.es/, na que podedes ver o seu traballo de fotografía en concertos de rock(Siniestro Total, Corcobado, Gatillazo,..etc). Sen máis quedades coa crónica e  fotos de Raúl, non sen antes recomendar a escoita de esta vigorosa banda que conta con traballos tan redondos coma “Chasin’ the onagro”(un dos meus favoritos deles, producido por Mick Collins de The Dirtbombs). Se queredes ver máis fotos do concerto, na súa páxina está o reportaxe completo.

Concerto especial o do sábado na sala El Sol(Madrid). Encargaronse de quentar o ambiente unha banda para mín descoñecida, Greasy & Grizzly. Guitarra e batería bastabanse para ofrecer un recital pelexón como eses cartóns de viño para facer kalimotxo que crean ese cocktail explosivo que todos coñecemos. Bó concerto o de este dúo, que deixou o ambiente quentiño para os xefes da noite con temas coma “Quiero ser negro” o “Tutti Fruti”, a medias creación propia a medias versión.

O pouco de baixar do escenario Greasy & Grizzly apareceron Atom Rhumba a presentalo seu derradeiro álbum “Gargantuan melee”. Mereceu a pena o tempo sen saber deles, pois voltaron con máis forza, se iso pode ser. O disco soa xenial pero o directo aínda é máis potente. En todalas bandas hai un frontman, que adoita coincidir co cantante, máis en Atom Rhumba os catro músicos levan o peso do espectáculo. A batería soa coma unha apisoadora, guitarras renxentes e o baixo marcalles o ritmo. A maioría dos temas que soaron pertencen o seu máis recente álbum. Abriron con “Dema go-go jane” e deseguido presentaron o single “Cynic skin”, para ese momento a sala xa estaba chea. “Stella” soou despois (unha das miñas favoritas de “Gargantuan melee”). Deberon faltar moi poucas cancións do seu derradeiro álbum, anque tamén soou “Home made prozac”(outra das miñas favoritas de “Amateur universes), por exemplo. Teñen todo para ser a banda do ano, de feito, polo que teño escoitado xa están apuntados nos máis grandes festivais.

Texto e fotos: Raúl Gómez                          Traducción e encabezado: Jorge R.

Máis info:

http://www.atomrhumba.com/ http://www.myspace.com/atomrhumba http://www.myspace.com/greasyandgrizzly