Arquivo para Abril, 2012

No seguinte ligazón atoparedes a entrevista que realicei para http://www.dioivo.eu/ a Bocixa, vocalista de Zënzar, co galo da presentación e edición do seu novo traballo discográfico, “Vaise armar”:

Entrevista a Bocixa

Que aproveite!

O pase de diapositivas require JavaScript.

-O pasado 6 de abril púxose a venda “MMXXII”,  o novo traballo discográfico dos veteranos Killing Joke. O traballo está dispoñible en versión dixital, en CD e tamén en vinilo para os fans máis entusiastas. A continuación podedes ver o primeiro videoclip dun tema extraído do mesmo.

-O vindeiro 3 e 4 de agosto do presente ano, celebrarase en Bueu o XI Festival  SonRías Baixas no Recinto Multiusos da Estacada de Bueu(Pontevedra), organizado un ano máis pola asociación Troula na Banda. Este ano anuncian xa a participación dos reunidos Herdeiros da Crus e dos cataláns La Pegatina, aos que se sumaran 8 bandas máis todavía por confirmar. Dende o pasado 30 de marzo están xa dispoñibles os abonos para os ous días do festival, cun  prezo de 15€ máis gastos, en Ticketmaster e Codetickets. Máis info en www.sonriasbaixas.info.

-O vindeiro venres 19 de maio estarán The Brosas xunto con Infección e Zigua no Sweet01 de Xixon  a partires das 21:30 horas e cunha entrada de 3€.

-Xa se pode escoitar despois de 15 anos de agarda, un novo tema de Soundgarden que irá incluído na banda sonora de The Avengers, “Avengers assemble”.  A BSO verá a luz o vindeiro 24 de abril, e o tema  titulase “Live to rise”; se queredes saber a miña opinión persoal, se todo o seu novo disco segue esa onda, o mellor que puideron facer era non terse reunido xamais. Podedes escoitalo tema a continuación nunha captura de non moi boa calidade, pero é o que hai.

-Xa está na rúa “Flechas cardinales, o primeiro traballo discográfico de Barricada sen  Enrique Villarreal, “El Drogas”, na súa formación. O videoclip do primeiro single, “Punto de mira”, podedes visionalo deseguido.

O pasado sábado 31 de marzo, Ruxe-ruxe presentaron na Sala capitol de Compostela o seu novo traballo, “Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras”, nun apoteósico concerto que gozou dunha resposta popular masiva, coa sala chea de xente ansiosa por gozar coa música da banda.

Abriron a festa Medomedá, que quentaron ao persoal coa súa mestura de rock duro e vodevil, seguendo a estela de bandas coma os Heredeiros da Crus(ou de orquestras coma a Panorama, a ratos). Excesivo para o meu gusto o seu afán por versionear temas a cal máis horteira, pero tamén é certo que a boa parte do público parecía gustarlle.

Deseguido saíron en tromba os Ruxe-ruxe de Aríns, rachando coa pana e co pantalón vaqueiro. Entrega total por parte da banda, e espectacular a colaboración de Dios ke te crew, que puxonos a todo-los presentes os pelos coma escarpias.

Tamén estiveron compartindo escenario coa banda o inmenso Bocixa de Zënzar, Roi Quempallou e Xabier Díaz.

Abriron o concerto con “Rock do país”, o pegadizo tema que fora adianto do seu novo traballo discográfico, e continuaron ata o final mesturando temas dos seus diferentes discos, facendo as delicias dos presentes.

Rock, punk, folk…entre algunhas outras cousas, son os condimentos da salsa que prepara Ruxe-ruxe, e que xunto coa súa entrega e pericia instrumental e a honradez e autenticidade que destilan as súas cancións, fan que o público caia rendido aos seus pés si ou si.

Obrigado velos so que sexa unha vez, senón o fas de vivo, faralo de….