PICADAS!! As ultimas novas do mundo do ruocanrol!!(20/12/2011)

Publicado: 21/12/2011 en Novas

This slideshow requires JavaScript.

 -Con motivo da gravación do seu terceiro disco, a banda cercedense Machina estrea a nova páxina web(www.machinagz.com ) con un “diario de gravación” no que poderedes seguir o proceso de gravación do novo disco de Machina, producido por Pablo Iglesias.

-Xa presentado en sociedade o DVD “Zënzar ao vivo, Cerceda 09” mediante unha rolda de prensa e un concerto acústico, esta venres será o momento de acompañarse de ilustres convidados, como M. Silveira (fundador de Zënzar),  e mostrar todo o potencial rock no escenario. Será no Badulake, de Ordes, a partir das 22.30 horas e con entrada a 5€. Os asistentes poderán mercar o DVD a un prezo especial(10€ coa entrada). Para o concerto presentación, Zënzar acompañarase de amigos como Ses, Gede Beat, Martín (Machina), Óscar (Kastomä), Vituco Neira (Ruxe Ruxe) ás voces, Ares á Gaita, David na percusión… e moitas sorpresas máis. Máis info: www.myspace.com/somoszenzar

 -Ruxe-ruxe xa teñen rematado o seu novo disco, como anuncian eles mesmos no seu http://cortelho.blogaliza.org/. En breve probablemente terei por aquí unha entrevista con eles a ver que nos contan, namentres desfrutade da peza de adianto do seu novo traballo en forma de videoclip: Rock do país!!.

-Os de Munster Records non paran. Se hai uns meses na súa serie VINILISSSMO reeditaban clásicos coma o primeiro disco de Leño ou o “Pychedelic jungle” de The Cramps, así como os primeiros dous discos de Eskorbuto(xa editaran as primeiras gravacións e o ZONA ESPECIAL NORTE hai un tempiño), recentemente editaron en vinilo a mítica cinta de Eskorbuto do ano 1986 “Ya no quedan más cojones, Eskorbuto a las elecciones” e agora unha caixa con dez singles de The Cramps que incluen os primeiros singles da banda(período 1978-81) e temas inéditos non editados antes nese formato. Os singles levan as capas  orixinais máis catro novas deseñadas para esta edición. Tamén hai edición nun só CD contendo todolos singles, e un libreto coa reproducción das portadas.

Xa sabedes que regalar en nadal se sucumbides a voráxine consumista. De nada!

-Máis abaixo podedes ver o agasallo de Nadal que nos fan Cápsula. Unha versión en clave surfera do clásico ramoniano “I wanna be your boyfriend”.

-Ao fondo tendes os meu agasallos de Nadal, o “Black Xmas” de Venom, e a xa clásica “panxoliña” de S.A….e nada que eu son moi macarra para estas cousas, así que coma din S.A.: Feliz falsedad a tod@s!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s