A LNB LANZA SEU EXPLOSIVO PASAPORTE-SONORO CHAMADO “REPÚBLICA BILLARDA”

Publicado: 18/12/2011 en Novas

  O colectivo socio-deportivo LNB ( Liga Nacional de Billarda ), que trata recuperar e difundir o deporte de esencia tradicional chamado billarda ademáis da acción nas pistas de xogo , confirma a súa alianza co máis raiboso entramado sonoro actual galego coa publicación do explosivo disco dóbel no que as principais bandas da escena nacional galega interpretan a súa visión da revolución billarda que implacábel estoura xa en cada recuncho do país enteiro ….morte ó Rey , viva a“REPÚBLICA BILLARDA”!!

República Billarda é un disco doble de impactante escoita , visión , tacto e olfato xa que o espectacular libreto de 18 páginas condensa no seu interior unha intensidade tan brutal que pon en alerta todos os teus sentidos , foi realizado polo fotógrado experimental Nachok integrando imaxes e haikus de poetas galegos [ xabier cordal, sechu sende , mario regueiro , carlos negro , xavier campos , helena villar , matilde castro , arsenio iglesias pazos, maría lado , aduardo estévez ] que aportaron tamén a súa visión e actitude apoiando ista inaudita iniciativa de aliaza deportivo-sonora chamada “República Billarda” que tivo o seu brutal adianto na pasada edición do festivalLiet International de línguas minorizadas en Lorient cuando Mafia Galega , o referencial grupo de hip-hop suizo-gallego , interpretou o tema Billarda Sempre .

 O Culturgal de Pontevedra foi a presentación e posta de longo de longo oficial do República Billarda , un pasaporte-sonoro da Repúbica dos paus que condensa no seu interior o embravecido pulso vital da LNB e que chega a ti coma un poderoso monstruo de dúas cabezas , o disco billarda e disco palán:

 Disco Billarda>> Narf, I Love I do , Aires do Padornelo, Fachenda Galega , Galegoz, Labazada , Miguel Alonso , Projecto Mourente, The Homens , Roper feat LNB , Hanom Ausse feat sak , Mapas sonoros .

 Disco Palán>> Mafia Galega , Coro LNB , Ilegível , Fran Amil , Cuchufellos , Fanny-Alexander , Maghua , I Love I do , Montouto Sound Machine , Zënzär , Projecto Trepia, Reuxe Ruxe , Ulträqäns , ZIMMER103 , Mapas sonoros.

 Para a edición do República Billarda a LNB puxo en marca un selo propio chamado OVaral-Records , sendo pois iste un lanzamento totalmente outoxestionado sen que nengunha institución lixe a contracapa dista xoia que non poderás atopar en negún centro comercial nen ambito afín senón que a distribución faise por canles alternativos coma a venda nos Abertos de Billarda , pola rede , nos puntos de venda-LNB ou na propia rúa nas explosivas accións-lótrego do Top-Mantelo . Prepárate pois porque o República Billarda non está pensado para ser ise obxecto de culto aparcado na túa estanteiría senón que pide terra e movemento a berros para estercar de sons, letras e actitudes o país enteiro nunha xeira de presentacións en espazos alternativos con pinchadas , concertos , abertinhos nocturnos, recitais de poétikos, catas de viño, licores e do que se poña por diante… contamos contigo pois, porque non imos parar ate xogar e bruar en todas partes – Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s