Killing Joke: reedición vinílica de parte da súa discografía

Publicado: 13/12/2011 en Novas, Reportaxe

Este ano o selo discográfico Let Them Eat Vinyl editou en versión dobre vinilo e con temas extra(en formato dobre carpeta), boa parte da discografía de Killing Joke, a seminal banda británica. Isto das opinións xa sabemos coma é, pero para min os absolutamente imprescindibles son os catro primeiros discos da banda: Killing Joke(1980), What’s THIS for…!(1981), Revelations(1982) e Fire Dances(1983)… Sen desmerecer en absoluto outras obras da banda, coma o seu ultimo lanzamento “Absolut dissent” que é un moi bo disco, ou outros anteriores(Pandemonium…etc). O que si discuto e a perda de equilibrio que se produciu na banda tras “Fire dances”.

Por unha banda, cara a un son máis accesible, máis influenciado pola “New wave” e rompendo o equilibrio entre melodía e agresividade que estableceron no xa evolucionado “Fire dances”. Iso non quere dicir que discos coma “Night time”(1985) non teñan temazos(“Love like blood” foi un exitazo, “Eighties”…tema que ten o riff que fusilou Cobain en “Come as you are”), pero a min aínda gustándome, véxoos inferiores aos anteriores, agás algunha excepción.

Por outra banda, cos discos nos que desenrolaron un son máis metalero e hardcoriano pásame algo semellante, gústanme pero non me acaba de convencer ese fío, e isto dio alguén que adora o metal(con el empecei na música) de bandas coma Sabbath, Sepultura, Slayer, Death ou Metallica e o mesmo co hardcore…pero neles sóbrame un pouco ese fío, pásame o mesmo exactamente que con Ministry nos seus últimos discos(agás “The last sucker”) o compoñente metaleiro superou o límite recomendable, e iso fai que perda puntos aos meus ollos(oídos) a súa música.

A música de Killing Joke mostrase coma unha linguaxe diferente, non podes pretender entendela a primeira escoita nin a segunda, ata que non aprendas a entender esa linguaxe. O hándicap está en que non é algo consciente, senón que actúa coma un gas, introdúcese en ti sen que te des conta, ata que os seus efectos son irreversibles… se o tempo de exposición foi o axeitado. Ti non tes poder de decisión, non podes escoller se te gusta ou non; e ela quen decide escollerte ou non, envolverte e fundirse contigo ou non; se decide envolverte…isto é para sempre amig@.

O pulso primitivo, minimalista, case tribal que conéctanos cos homes das cavernas danzando sobre o lume festexando a peza cazada, está aquí. A angustia da sociedade pos-industrial, ese stress aniquilador de pasións e de vidas, tamén está aquí. O hedonismo desenfreado de quen quere pecharse nun cuarto escuro, estando ata arriba de ácido e deixarse levar movéndose espasmodicamente ao ritmo da música tamén está aquí. Todo está aquí: a vida e a morte, e todo o que hai no medio.

O primeiro disco da banda é unha biblia que influirá en moitos grupos a posteriori. Seguramente nos mesmos Ministry, Prong , Fear Factory, Metallica, Foo Fighters…e infinidade de bandas. O son do post-punk únese a uns riffs máis metálicos cun certo sentido bailable, sendo probablemente o primeiro expoñente do logo chamado rock industrial. Escuridade, ritmos militares e hipnóticos, atmosferas tétricas, sintetizadores, todo elo envolto nunha portada que anticipa o contido subversivo. Clásicos da banda coma “Requiem”, “Wardance” ou “The wait”(famosa a versión deste tema de Metallica) están neste disco.

No segundo traballo da banda, seguen a senda amosada no disco anterior, se cadra cunha maior presenza de ritmos e percusións tribais, elementos bailables e funk. Aquí están temas coma “The fall of because” ou “Tension”.

En “Revelations”, o seu terceiro traballo, a liña segue sendo similar ao exposto anteriormente, pode que cunha maior presenza melódica na voz de Jaz Coleman. Aquí está un dos meus temas favoritos da banda, “The Hum”.

Por ultimo en “Fire dances” avanzan en pos dunha maior carga melódica vocal e unhas estructuras menos agresivas en xeral, sendo quizais o traballo máis accesible para o neófito, dos catro primeiros. Segue sendo un traballo moi recomendable, cun traballo percusivo excepcional e con temas tan afortunados coma “The gathering”, “Rejuvenation” ou “Feast of blaze” .

Podería estenderme máis sobre os diferentes discos, falar da súa lírica, agora social agora ocultista…podería tentar explicar máis fondamente o que é a música de killing Joke, dar datos e nomes dos músicos que gravaron estes discos, onde foron gravados, quen os produciu…pero todo iso non sería máis que palabrería barata. Aquí o realmente importante é a música, e iso non se pode explicar; se non coñeces a música de Killing Joke ponlle remedio a iso o antes posible e reza a quen che pareza(se te parece) para que a súa música te escolla e te envolva co seu abrazo. Paz!

Máis info:  http://www.letthemeatvinyl.com/ http://www.killingjoke.com/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s