Breves!! As últimas novas do mundo do rocanrol!! (11/12/2011)

Publicado: 12/12/2011 en Novas

-Comezamos cunha moi boa nova. A partires do 17 de decembro estará dispoñible o novo traballo dos composteláns Samesugas, en formato Cd por 10€, e en Vinilo+CD+póster por 12 €. O disco chamarase “They are out there” e contén 13 novos temas que a xulgar polo escoitado tanto na súa web, onde teñen colgado “Exploding heart” para a súa escoita e descarga libre, coma na súa presentación con Sex Museum hai uns meses en Compostela, está vez suman ao seu potente son un sentido  melódico que lle senta de marabilla. A gravación realizouse nos estudios Bonhan de A Coruña, e  no último programa de Plástico elástico adiantaron tres temas do mesmo; podes escoitar o programa aquí.. O disco presentarase o 17 de decembro no Liceo Mutante de Pontevedra, xunto cos cataláns  Secret Army e os don ramirenses Nobody’s fool. Para escoitar o tema de adianto e máis info aquí.

-O vindeiro 18 de decembro podedes ver ao vivo ao grupo estradense Os John Deeres e máis a Hysteria no TNT de Compostela, a partires das 20:00 h. e con entrada a 4 €. Como eles mesmos dín: “Unha noite de Rock & Roll neste tandem xa mítico e que regresa con máis forza que nunca. Con novas formacións e moita festa.” Asistencia obrigatoria se vos mola o bo rock duro e presentación, senón me trabuco, do novo vocalista de Os John Deeres.

-A histórica banda navarra Barricada, perde a un membro fundamental coma é o mítico Enrique Villareal “Drogas”, o seu baixista e un dos seus cantantes, quizais o máis identificativo da banda. Versións moi diferentes sobre a súa saída, aquí o comunicado da banda ao respecto. Aquí o do Drogas. Triste que rematen así.

-A crise arrasa con todo(aínda que din que é debido a baixa asistencia na anterior edición), esta vez tócalle ao Sonar, que dí adeus a súa edición galega no 2012.

-A banda norteamericana Metallica celebrou os seus 30 anos coma grupo, con 4 especialísimos concertos no lexendario Fillmore de San Francisco. Cada día con diferentes invitados, ex-membros da banda coma Jason Newsted, Ron Mcgovney ou, e isto si que é incrible, Dave Mustaine, ou lendas e influenzas básicas para eles coma Geezer Butler e Ozzy de Black Sabbath, ou Rob Haldford de Judas Priest(a lista completa de invitados e moi longa, e eu son moi vago). Os set-list incluen temas de todas as súas épocas, versións, e incluso temas gravados para o seu ultimo disco, “Death magnetic”, que quedaron fora do mesmo.  Se buscades por aí, poderedes atopar un E.P., “Beyond magnetic”, que inclúe eses descartes do seu ultimo traballo(4), e que a verdade están bastante ben.

-A banda que puxo no mapa a Greg Dulli, Afghan Whigs, volve aos escenarios. Despois de 13 anos separados  retoman a actividade e a primeira cita será o vindeiro mes de maio do 2012 no festival I’ll Be Your Mirror de New Jersey.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s