The Sonics, Playa Club(A Coruña), 03/12/2011.

Publicado: 07/12/2011 en Crónicas ao vivo

The Sonics, a banda que rexistrou o seminal “Here are the sonics” alá polo ano 1965, e que despois dun memorable segundo disco(“Boom”), foi esvaecéndose tras fichar por un gran selo discográfico(Jerden Records), e verse na obriga de amansar o seu son, perdendo os seus sinais de identidade e o respaldo dos seus fans. Unha vez máis os intereses espureos e ignorantes dunha panda de executivos daba o traste coa carreira dunha das máis grandes bandas de rocanrol.

Pois ben, The Sonics visitaban A Coruña, e un coma bó afeccionado ao rocanrol máis ruidoso, non podía menos que presentarlle os meus respeitos a unha das bandas nais do invento(chámalle garaxe, garaxe-rock, garaxe-punk…ao gusto), o máximo expoñente do 60’s punk, e por riba de todo unha banda cunha vis visceral e enerxética coma poucas, e cuns temas que farían espertar a un morto e que por suposto eu adoro.

Que un grupo se sepárase no 1967(os orixinais, obviando a reunión puntual do 1973) , como dicía case no anonimato, e volva no 2007 co selo de lenda enriba está moi ben. Tan só apuntar, que a pouco que teñades controladas as odiadas matemáticas, caeredes na conta de que ambas datas están separadas por 40 anos de nada, por elo estamos falando non dunha banda vella, senón máis ben do seguinte, unha banda antiga que xa podería ser considerada patrimonio da humanidade. Iso sí, precisar que só tres compoñentes orixinais permanecen na banda, Gerry Roslie(voz, piano eléctrico), Larry Parypa (guitarra) e Rob Lind (saxo) , aínda que os demais supoño que os recrutarían entre os seus compañeiros de xeriátrico a xulgar polo visto(quizais coa excepción do baixista).

O Playa Club estaba petado, para a miña sorpresa e a do meu acompañante. Un público variado congrégouse para ver á banda, moitas rapazas e rapaces novos, o que é un bo sinal sen dúbida.

A cousa non poido comezar mellor para nós. Situados a poucos metros do escenario, cunha cervexa na mán e varias máis dentro do corpo, subidos nunha nube por mor da exquisita calidade dun psicotrópico con nome de muller e recibindo unhas fregas por parte de tres membros do sexo oposto, aínda non sabemos se a consecuencia das estreiteces do local ou con outras intencións máis estimulantes. Só comentar que se a intención era está ultima, a cousa funcionou ao cento por cento, alomenos co meu acompañante, ao que case teño que atar cunhas cordas para reprimir os seus instintos máis básicos.

Las Válvulas, a banda teloneira, cumpriu co obxectivo de quentar ao personal. Garaxe de manual, correcto exercicio de estilo que apreciei pero que ao medio segundo xa esquecín. Tampouco podo dicir que a miña mente estivera moi receptiva a novos sons esa noite.

Despois dun tempo que considerei excesivo, e de aumentar o porcentaxe de alcol no noso sangue, sae a banda: The Sonics.

Comenzan(creo recordar) cunha potente e rockeira “Cinderella”, e continúan cun feixe de temas proprios e versións coma “Louie, louie” ,“Have love will travel”...Algunhas das cantadas por Gerry Roslie parecían máis temas interpretados por Tom Jones que por The Sonics, pero a banda soaba ben(un logro no Playa Club), aínda que as veces recordabáme a unha orquesta.

Tocaron algúns temas da súa nova gravación(“8“, unha mestura de temas vellos en directo con algún novos en estudio) coma “Vampire kiss”, que soaban certamente máis hard-rockeiros e bluseros que o seu material clásico, cousa esta ultima que se pode aplicar a case todolos temas que cantaba o baixista. Evidentemente o toque primitivo e salvaxe aparecía con contagotas, e agás contadas excepcións, a banda soa moito máis atemperada, blusera e convencional do desexable, pero fanno ben. O final con “The Witch” foi moi axeitado, logrando unha interpretación salvaxe e cercana ao tema orixinal, incluindo os berros de Gerry Roslie. O resto do repertorio podedes imaxinalo, os esperados e desexados, a saber: a pegañenta“Psycho”, a inmensa“Strychnine “Money”, “Boss hoss”…etc

Bo concerto para render pleitesía a unha banda que xa non existe, pois istos son outros Sonics, nin mellores nin peores, tan só máis vellos, e iso nunha banda de garaxe salvaxe pode ser unha pesada lousa…que con sorte nos caerá a todos. Longa vida!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s