Breves!! As últimas novas do mundo do rocanrol!! (29/11/2011)

Publicado: 30/11/2011 en Novas

Novidades en Zënzar. A banda presenta en decembro o  DVD “Zënzar ao vivo- Cerceda 09”, gravado no XVI Festival de Cerceda o 2 de maio do 2009,  data da presentación do seu ultimo traballo ata o momento, “A tribu”. O DVD está composto por 15 temas nos cales colabora xente coma coma M. Silvera(ex da banda), Oscar “Kastomá” ou Javier Pardeiro “O Reverendo”. Será presentado o vindeiro 16 de decembro en A Taberna de Cerceda a  partires das 19:00 horas. O 23 de decembro presentarano cun directo no Badulake de Ordes, a partires das 22:30 e cunha entrada de 5 ou 10 €, en función de se queres facerte co DVD ou non. Isto non quita para que continuen coa gravación do seu novo disco que teñen pensado presentar en abril do 2012. Máis info en http://www.zenzar.info

-En 1995, en plena resaca post-grunge, tres cuartas partes dunha das mellores bandas encuadradas(equivocadamente ao meu xuizo) nese movemento, grava uns temas xunto  a lenda do aussie-rock Kim Salmon, cantante e guitarrista de bandas coma The Scientists ou Beasts of Bourbon entre outras. Steve Turner o guitarra de Mudhoney remataba  de deixar a banda(temporalmente, pronto voltaría) e os restantes membros invitaron a Kim a que se unira ela, aceptando este  e voando aos USA, onde tras pasar un tempo xuntos, constatou  as diferentes direccións que ambas partes perseguían, e despois de gravar estes temas, separánse amigablemente. Os temas quedan relegados ao esquecemento ata que no ano 2010 Mudhoney e Kim Salmon coinciden en Nueva York no ATP Festival. Alí falan sobre aquelas gravacións, e deciden editalas. Bang-records/, o subselo de Munster Records, despois de masterizala gravación en Madrid, edita as gravacións en Lp e CD baixo o título de “Until…”. Sete temas compoñen esta magna obra; vinilo de  180 gramos, carpeta dobre, e o mellor : a música. Dende o Funk-rock irresistible(único tema que canta Mark Arm de Mudhoney) de “I’ll be around”, a intensidade de “You’re so bad” , a melodía de  “I wanna be everything”…ata calquera dos restantes temas, todo neste traballo rezuma calidade, moita calidade. Rock pantanoso, punk, garaxe, power pop…todo esta aquí.Mercadeo cós ollos pechados.

-O vindeiro venres 2 de decembro rematara Raiba a xira 2011 de presentación do seu primeiro traballo, “Por vivir”. A cita é no Pub  Punto87  as 00:30 horas e con entrada a 4 €.

-O luns 5 de decembro estarán K-raxe na Sala The  Star de Carral. A partires das 23:30 con entrada a 3 €.

-Non vos esquezádes que este sábado 3 de decembro estarán The Sonics e Los Válvulas no Playa Club de A Coruña. A partires das 23:45 horas. Entrada anticipada 20 € + gastos, 25 € en taquilla.

-Outra vez Bang-records/. O selo xa ten dispoñible a versión en dobre vinilo do novo traballo dos australianos The Drones, “A thousand mistakes”(tamén dispoñible con outros extras en versión DVD). Dobre carpeta, vinilo de 180 gramos,  e 12 temas escollidos entre o máis oscuro da súa discografía, e interpretados ao vivo. Un repertorio máis calmo do que en eles é habitual, pero interpretado cunha intensidade fóra do común, unha marabilla. Máis info sobre a banda en http://thedrones.com.au/.

-En http://losteleplasticos.bandcamp.com/ podedes desfrutar e descargar a música desta banda valenciana,  agora presentando o seu novo traballo “…Cataplasma!!”. Garaxe, pop, rock, punk, surf… baixo unha perpectiva lo-fi moi interesante.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s