Breves!! As ultimas novas no mundo do rocanrol!! (19-11-2011)

Publicado: 20/11/2011 en Novas

-Comezamos cunha banda viguesa, Os Vacalouras, que teñen dispoñible a súa nova gravación, realizada por eles mesmos e que sae baixo o título de  “Xa están aquí”; nove temas de pataca’n’roll para deguste do persoal afín e conquisstar aos que se resistan. Máis info e descargas  aquí.

-O grupo estradense Apocalypso, remata de colgar un novo tema titulado “Fóra de control”, podedes escoitalo en http://apocalypso.bandcamp.com/ xunto coa súa achega anterior, “Bill Garrote”. Máis info en http://www.myspace.com/apocalypsobanda. Por certo, animamos e agardamos que a banda se decida a estrearse ao vivo, hai moitas ganas!

-Os renacidos Vómito rematan de editar un cd(non hai versión vinilo está vez) tributo a unha das súas grandes influenzas musicais, Parálisis Permanente. Baixo o título de “Paralizando 13″, a banda versionea boa parte do único LP de Parálisis Permanente(máis outros temas editados en singles) ,”El acto”, obviando temas máis sobados coma “Autosuficiencia” ou “Un día en Texas”. O disco editao Potencial Hardcore, e podes mercalo na súan web por só 5€, eu xa o teño e a verdade que é altamente recomendable, impresionante a versión de “Unidos”. Podedes escoitar uns temas e obter máis info en http://www.myspace.com/vomitosocialsite.

-Xa falta menos para que vexa a luz o primeiro traballo longo dos Phantom Keys. Doce temas, dez deles propios, que foron gravados nun estudio caseiro baixo a batuta de Mike Mariconda, na miña terra(O Barco de Valdeorras). Edita en Lp/Cd http://www.screaming-apple-records.de/. Máis info en http://www.myspace.com/thephantomkeys.

-Despois de recibir e escoitar o novo LP de Sonido Alfredo(o segundo), recomendo a tod@s aquel@s que gusten do punk-surf-rock-pop-garaxe, a  inmediata escoita/adquisición do disco da banda asturiana, autotitulado(non confundir co primeiro titulado “Sonío alfredo”), con versión de Kraftwerk (Das model) incluída. Escoitao e descargao en http://discoshumeantes.bandcamp.com/album/sonido-alfredo-sonido-alfredo

-O 3 de decembro estarán os míticos The Sonics, recordade que se volveron xuntar no 2007 despois de case 40 anos separados,  tocando no Playa Club de A Coruña. Abrirán para eles Los Válvulas. As entradas anticipadas podelas conseguir por 20€ máis gastos, a partires das 23: 45 h. Alí nos vemos!
-Outra noticia que non por esperada(hai tempo que corrían os fundados rumores) é menos festexada. Reúnese a formación orixinal de Black Sabbath para unha xira e un novo album de estudio. Está confirmada a súa participación no Azkena Rock do vindeiro ano, en concreto será o 15 de xuño o día escollido para a súa actuación(única no estado). Máis info en http://www.azkenarockfestival.com/arf/2011/. Eu isto non mo perdo, alá vos!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s