HELP ME DEVIL , CACHÁN CLUBE(COMPOSTELA) 12/11/2011

Publicado: 16/11/2011 en Crónicas ao vivo

O pasado sábado doce de novembro, no Cachán Clube de Compostela fomos testemuñas dunha auténtica, pura e primixenia noite de rock and roll.: baixo, guitarra fender telecaster, unha simplificada batería(caixa, bombo, charles e ride..con Julia, a baterista, tocando de pé) e voz, para que queres máis.

Help Me Devil presentabánse por primeira vez en Compostela e facíano facendo os honores o seu primeiro traballo de título homónimo, que supura rock and roll 50’s, country  e actitude punk polos catro costados.

O artifice da banda, Juan Carlo Parlange, quen formara nos Clavos e nos Bonzos, foise a NYC a gravar este debut baixo a batuta de Matt Verta-Ray, membro de Heavy Trash, e no seu estudio totalmente analóxico, deron forma a este primeiro traballo que sona coma os anxos e que editou en vinilo e cd o selo discográfico www.folcrecords.com.
O concerto basouse polo tanto nese traballo, aínda que tamén tocaron algún tema novo e renderon pleitesía a clásicos coma Little Richard, cunha feroz versión de “Tutti Frutti”, aos Ramones, cunha sui generis versión de “Blitzkrieg bop” en clave rock and roll 50’s, ou a Hadsil Adkins co seu “Chicken walk” incluido tamén no seu disco, e durante o cal o baixista saiu cunha simpática máscara de polo. Temas propios coma “God told me to rock and roll” ou “Free of tour spell”, ambos incluidos no seu traballo, amén de todo o repertorio despregado fixeron as delicias da concurrencia, entregada a un suoroso e furioso bailoteo.

Esta banda desplega uns temas moi sinxelos, sen grandes alardes instrumentais, case sen solos, pero cunha grande capacidade melódica e de chegada. Batería a piñón fixo, boas guitarras e a bailar, tomao ou deixao. Especial mención a estupenda voz de Parlange, cantando con actitude e feeling nun perfecto inglés. Perfecto concerto, e perfecta banda para o Cachán Clube dadas as pequenas dimensións do seu escenario. Que volvan pronto que alí estaremos.

Máis info: http://es-es.facebook.com/pages/Help-Me-Devil/142987375736305

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s