Reflexións sobre Wilco, Waits e Reed

Publicado: 04/11/2011 en Novas

Hoxe ía falar dunha nova banda que me chamou e ségueme a chamar a atención, unha banda asturiana. Pero no ultimo momento, cambiei de opinión e díxenme, vou facer unha pequena(non polo tamaño, senón pola súa importancia) reflexión sobre un grupo e un cantante, ámbolos dous “ARTISTAS”(ao final foron 3)con maiúsculas. Eles fan ARTE, sentida, comunicativa, irracional as veces…ARTE, amigos e amigas. Sen embargo eu estou farto, de atopar xente que deveza, que suspire, que poida chegar a berrarte, insultarte e cousas peores, só por facer un alarde de sinceridade tan sinxelo, coma dicir que a ti, eses artistas parécente amplamente sobrevalorados, que non te transmiten nada, que non é por que non sexa o teu estilo, senón que te parecen vacuos e aburridos, que non irías a un concerto deles nin de balde e que se te seguen tocando a moral con eles, chegará o momento no que se un día os cruzas pola rúa, será case imposible reprimir a túa ansia de meterlles un morrillazo alá onde máis lles doa(si, un pouco animal, pero iso é o que somos).

Wilco, o grupo de alt-country, o grupo que che ten que gustar se eres “xente guai”, o grupo que gravou varios bos discos(sen máis) hai anos, e que dende entón veñen gravando medianías(por dicilo suave), sen que sen embargo, os seus fans ousen criticar o sublime(segundo eles, os seus fans) estado creativo da banda. A miña descrición da banda e máis doada de entender e de explicar: unha banda aburrida que fai música aburrida, non hai máis.

Esta banda “alternativa”, que hoxe toca en Vigo nunha sala con asentos(así a soneca e máis levadeira) ao alternativo prezo de case 41 €, xente comprometida colegas. Normal, Wilco é unha banda alternativa, menos que o alternativo Tom Waits, que veu de xira e as entradas custaban(que non valín , de valor) 120€, xente guai colegas. Si, Tom, ese que vai vestido case coma un indixente(bohemio se queredes), pero, oes? un indixente que cobra 120€ por velo cantar(?) e facer o seu show. Aínda hai clases de indixentes, e este é “De Luxe”, coma o bodrio televisivo, de feito atoparíalle máis semellanzas co bodrio televisivo, pero non quero amolar máis os fans de Waits, que son xente “moi guai”, pero tamén saben repartir hostias coma panes, “you know what i mean?”.

Waits tamén domina un arte moi complexo, consistente en cantar menos que Lou Reed(outro “xenio”), ou sexa cantar coma o cu, coma se diría coloquialmente, pero facelo de modo que os seus fans digan que é rompedor e innovador, cando para os demais, é aburrido, monótono e desesperante. Isto ultimo facendo referencia a certos discos e temas do “artista”, non a súa discografía global, que dende logo, contén discos moi bos, iso ninguén o nega.

Estou lembrando a pena, risa, compasión…etc que da Lou Reed facendo o canelo no seu proxecto compartido con Metallica(“Lulu”, chámase o disco, editado o pasado 1 de novembro), pero vou deixar a miña opinión sobre o vello carcamán, que ninguén nega que fixera algúns temas memorables hai xa moitos moitos anos, pero tamén é certo que ninguén dubida que ou volveu ás drogas ou esta coma unha tella a xulgar polo que leva gravando dende xa hai anos, demasiados anos, para ser considerado aínda alguén respetable, alomenos no mundo da música.

Estes tres “artistas” rematan de sacar novos traballos, “Bad as me” por parte de Tom Waits, “The whole love” pola banda de Wilco e o traballo con Metallica coma banda de acompañamento por parte de Lou “son todo emoción” Reed chamado “Lulu”. Deixovos os ligazóns para que teñades máis info, e escoitedes baixo a vosa responsabilidade estes traballos.

http://wilcoworld.net/#!/
http://badasme.com/
http://www.loureedmetallica.com/lulu.php

Advertisements
comentarios
  1. Frenando di:

    Eso non mo dis na rua !!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s