INVIVO e K-RAXE ao vivo no Pub D’Antón

Publicado: 28/10/2011 en Uncategorized

INVIVO e K-RAXE , dúas das bandas máis representativas da actual escea galega do metal presentan o seu directo na non menos mítica sala D´Antón da Laracha. Metal na noite de defuntos, no Samaín:

K-RAXE + INVIVO Pub D´Antón (A Laracha) Luns 31 de Outubro 23h

E lembramos de quen estamos falando:

K-RAXE: Banda de metal afincada entre Carballo e Cerceda (A Coruña). A súa xestación tivo lugar a finais do ano 2009 baixo o nome de N.O.S .BOs compoñentes  viñan de tocar en distintas bandas do panorama da música galega coma Machina, Sensacha ou Fuzquenlla. A música de K-RAXE abrangue diferentes estilos dentro do campo do metal mantendo unha línea de agresividade reforzada pola voz do seu cantante, ademáis de empregar o galego para facer chegala mensaxe das súas letras.

INVIVO:Banda de metal-crú orixinaria de Santiago de Compostela (GZ), que acaba de editar o seu segundo disco DOGMA (2011) co selo A.C.I. de recente creación. Levan participado en varios discos compilatorios (APOSTOLOCAUSTO, DERRAMEIDEA, A BOLA DE METAL,…). A presentación do seu primeiro traballo INTROVISIÓN (Producciones Malditas, 2009) realizouse entre 2009 e 2010 en diferentes salas e festivais independentes.

Máis info: www.k-raxe.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s