(20/10/2011)Doctor Explosion, Sala Moon(Compostela)

Publicado: 24/10/2011 en Ao vivo

Doctor Explosion poden ser considerados unha lenda da escea garaxe/sixties punk/rocanrol/surf-rock-punk/garaxe-surf-rock…ou chamalle x…Unha vez coñecida a súa data na Sala Moon de Compostela  e tendo en conta a calidade(coma sempre) do seu último traballo e a súa fama de infalibilidade ao vivo, a única pregunta posible era canto ía custar o ticket, ninguén no seu sano xuizo ousaría plantexarse se ir ou non ir ao bolo,  isto sería coma dudar de deus(ou sexa de Lemmy), algo inconcebible.

Sendo o concerto pola semana, alédoume que non houbera teloneiros, só os Explosion  roubarían a nosa enerxía, e só a eles deberíamola de entregar. Cunha entrada respetable, saíron os nosos heroes a escea, Jorge Muñoz-Cobo(o sempiterno líder, vocalista, guitarrista, harmonicista, animador xuvenil, monologuista, produtor…en fin facedevos unha idea) e a sección rítmica incorporada recentemente formada por Pablo ao baixo e Pibli á batería.  Pasadas as once da noite comezou o trio asturiano  o seu ataque sonoro cun set que mesturaba temas do novo traballo(“Hablaban con frases hechas”)  coma “Quien quiere lo que tuvo ayer?”, “Te delatas”, “Nada de ti” ou a versión de New Order “Blue Monday”, temas do anterior disco(“Chupa aquí”) coma “I want you” ou “Come on shake”, ou clásicos coma “Surf Talibán”, “El calcetín”, “Rompí la TV”, “Eres feo chaval”, “Let’s go to the beach” ou a punkarra “Mata la tuna”, amén dun tema novo cun aplastante fuzz e versións de xente coma Chuck Berry ou unha  impresionante “Rumble” de Link Wray, alongada, e cun Jorge estratosférico baixando do escenario e metendose a tocar no medio do público mentres improvisaba. Todo isto e máis, case sen pausas, tan só con pequenos e divertidos comentarios a cargo do mestre Jorge, o cal non parou de saltar e bailar durante todo o concerto, de feito era  a miña terceira vez con eles, as anteriores foron hai máis de quince anos e aínda así, o nivel de enerxía por parte de Jorge foi o mesmo(moi alto).

Mención especial para Pibli, o batería, unha auténtica bestia parda, cunha pegada impresionante e unha capacidade de redoblar e romper ritmos que en ocasións parecía que tiñamos alí ao mesmiño Keith Moon. Despois dunha pequena parada, voltaron para os bises a petición popular, e no ultimo tema os tres músicos meteronse a tocar entre o público(batería co bombo ao lombo incluido) , ao tempo que todos participabamos cantando a berros.

En resumo, concertazo dunha das mellores bandas estatais tanto en disco coma enriba dun escenario.  Im-pres-cin-di-bles.

Máis info:
http://www.doctorexplosion.es/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s