(15/10/2011)THE NAKED HEROES + SRASRSRA. CACHÁN CLUBE(COMPOSTELA)

Publicado: 20/10/2011 en Crónicas ao vivo

A semana pasada por mor duns problemas que non veñen ao caso, non puiden asistir ao concerto de Guadalupe Plata + Dixie Town, pero a cambio xurdeu a posibilidade de acudir a un bolo que nin tan sequera sabía que ía celebrarse: The Naked Heroes dende Brooklyn(NY) e os galegos Srasrsra no Cachán Clube de Compostela.

Coñecín a The Naked Heroes grazas a un colega que mercou na rede o seu primeiro traballo discográfico(“99 diamond”), un picture disc que incluía tamén a xeito de agasallo, unha camiseta da banda, e que presentaba a este dúo(parella, Merika Lee a batería e George Michael Jackson a guitarra, harmónica e voces) facendo un rock duro setentero, garaxero e con forte influenza blues. Temas sinxelos, feitos para berrar co puño en alto nos seus concertos.

Avisei ao meu colega da presenza dos americanos  en Santiago, e alá fomos os dous a recibir o noso bautismo no Cachán Clube, garito pequeno, pero con bó sonido, inmellorable ambiente, e onde podes escoitar a mellor música rock(nunca fora, pero dende agora sempre que poida alí estarei).

Chegamos un pouco tarde, despois de dar máis voltas cunha noria para aparcar, e cando entramos xa estaban arriba os Srasrsra. Por sorte aínda non tocaran o seu megahit “Comebolsas”,  rocanroll punkoso sen contemplacións . Temas cortos e directos que incitan a un baile epiléptico e descontrolado.

Coma anécdota comentar que  os Naked Heroes estaban xunto ao seu posto de merchandising na parte intermedia da sala durante o bolo de Srasrsra, entre a barra e o escenario, e cando viron ao meu colega coa súa camiseta alucinaron(levaba a que viña co picture disc da banda), fomos falar canda eles e mercamóslle o seu último traballo vinílico “Demon the whiskey down”(que sae a venda o día 25 de outubro, e que inclue un comic e o cd, todo por 15 €). Meu colega aproveitou, e inmortalizouse nunha antolóxica foto con eles(podedes vela aquí o carón). O vinilo por certo, ten unha portada digna de calquera grupo dos 70, e que de tan hortera que é,  mola a ostia. Tras ela,  agocháse un traballo máis pegadizo, máis blusero e garaxero que o primeiro, onde tanto poden soar coma os Cramps, coma a pantanoso blues ou a pegañento e rítmico hard-rock 70’s.

Subiu ao dúo o pequeno escenario e abriron as hostilidades co que é o primeiro single do novo disco, “Ugly girls”(podedes ver o videoclip máis abaixo). O son perfecto e moi potente, George Michael é un guitarrista instintivo, que toca con moito feeling, cunha boa e potente voz que sabe modular ao gusto; por riba, é todo un showman, o tipo non para un intre de moverse, guedellas arriba e abaixo, a dereita e a esquerda, e incitando ao público a participar nalgúns dos pegadizos retrousos dos temas. O set consistiu en temas do primeiro disco(99 diamond,Foxy moxy,  ….) mesturados con algúns do seu novo traballo( a ultrapegadizaTake a knee, Bad dog…).  Merika Lee estivo tribal e salvaxe á batería,  facendo ocasionais coros e animando a xente incluso a quitarse a camiseta, ao tempo que eles daban exemplo. As chamadas ao baile e a diversión foron continuas, a xente respondía, e pronto aquelo era unha sauna, coa xente bailando e suando na mesma proporción. Antolóxico coma George nalgúns temas tocaba a harmónica ao tempo que seguía facendo guitarra rítmica. No ultimo tema antes dos bises, Merika Lee colle o timbal base e colocase no medio do público mentres xira arredor do timbal tocando en plan tribal. Ao tempo, George pégalle a guitarra, á harmónica, berra…etc, o  público está en éxtase.

O remate, coma bises, absolutamente brutal, con “New kind of a kick” tremenda versión dos Cramps coa que literalmente case me volvín tolo(adoro a The Cramps!!!), e “T.N.T.” de AC/DC. Recomendadísimos, sobretodo ao vivo.

Máis info  e a posibilidade de descargar o seu disco en: http://www.thenakedheroes.com/

Máis info de Srasrsra en: http://www.myspace.com/srasrsra

P.D.: E non, non  penso nomear nin lembrar a The White Stripes, banda que salvando algún tema, nunca me dixo nada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s