BARRENCE WHITFIELD & THE SAVAGES. SALA DUBLÍN(CARBALLO).16 DE SETEMBRO

Publicado: 25/09/2011 en Ao vivo

Concerto enmarcado dentro da XIV edición do XiriaPop, que pechaba o seu primeiro día coa actuación estelar de Barrence W. & The Savages, precedidos por Flamin Guays, Soul Gestapo e Las Ruedas, grupos que nin tiña intención de ver, nin vin, máis aló de entrar de vez en cando a sala para comprobar se remataran a súa actuación  para dar paso  ao grande en todolos sentidos Barrence e os seus colegas(dende o respecto máis absoluto as anteditas bandas, sinxelamente non son santos da miña devoción, sen máis). Por mor da tardanza en empezar as actuacións, a cousa demorouse máis do agardado, razón pola cal cando saíu o amigo Barrence, eu  xa tiña no corpo máis cervexa da aconsellada, pero ei!! isto é rocanrol!

Concerto sudoroso, auténtico e xenuino, cunha banda compacta e cunha entrega descomunal, sobretodo por parte de Barrence, que amosou que o seu torrente vocal é natural, e é  tanto o máis poderoso co que se pode escoitar nas súas gravacións en estudio. Guitarra, baixo, batería, saxo e voz , non fai falla máis. Rock and roll clásico, R&B e unhas  pingas de soul  en vea!

Centrarónse en presentar o seu máis recente traballo,”Savage kings”, editado por Munster Records e que supuso a volta aos escenarios da banda despois de moitos anos, pero tamén rescataron temas dos seus primeiros discos.  Versións coma “Ramblin’ rose”, temas coma “Bip bop bip”(do seu primeiro traballo) ou a inmensa e para min cumio do concerto, “Willie Meehan”, fixeron as delicias do público asistente(a sala chea), que baibaba enfeitizado polo ritmo destas bestas pardas do rock and roll máis primixenio e garaxeiro.

Resumindo, que se os discos desta banda son moi recomendables, acudir a un dos seus concertos, máis que recomendable, é obrigatorio para todolos aqueles que gosten dos sons máis primixenios e garaxeiros do rock and roll, da música auténtica e atemporal, feita honestamente sinxelamente polo gusto de facela, para divertirse e divertir, sen máis.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s