THE HOMENS: ULTIMO CONCERTO E PARADA TEMPORAL INDEFINIDA

Publicado: 23/09/2011 en Novas

O grupo compostelán The Homens levará o seu repertorio de pop extremo o venres 23 a  As Pontes (Cine Alovi, 21.00h., 3 euros). Para The Homens este será o último concerto antes dunha parada nas súas actividades de duración aínda por determinar.

Nunha data tan especial, Xocas (batería), Roi (baixo e voz), Martin Wu (guitarra e voz) e Cristovo (teclas, pandeiretas e enxeñería eléctrica) farán en As Pontes un concerto que comezará coas reinterpretacións acústicas das súas cancións feitas para a xira ‘Detrás da canción’ (2010-2011), para despois cargarse de electricidade e rematar co seu repertorio de pop enérxico e bailable.

A entrada ao concerto custa 3 euros, e pode mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Cine Alovi o xoves 22 de 12.00 a 13.30 horas e o venres de 12.00 a 13.30 e a partir das 19.30 horas ata o comezo do concerto.

O grupo compostelán leva seis anos tentando cadrar a ecuación que combina melodía, enerxía e actitude, o gusto polo pop británico de todas as décadas e a enerxía do punk americano dos oitenta, engadíndolle psicodelia e experimentación. O seu último disco, Cuarta potencia (2009), continuación do seu celebrado Tres, é melodía a volume atronador, é inocencia pop e nihilismo negro, e mostra á banda máis preocupada polas melodías e polas letras e, á vez, máis ruidosa que nunca. Producido de novo por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy…), o disco contén doce cancións nas que The Homens envorcan todo o vivido e aprendido en un lustro de xira sen fin.

Máis info:

http://thehomens.com/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s