Terbutalina, novo E.P. e concertos

Publicado: 11/06/2011 en Concertos, Novas

 A Terbutalina nace no incentro entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar, tirar para adiante e elaborar unha recua de temas a medio camiño entre o rock de garaxe, o punk e outros sons.

En 2011 lanzan o seu traballo de presentación “Live in Catoira”, que recolle 8 temas dun concerto perpretado en Catoira (de aí o nome, tampouco é cuestión de romperse a cabeza).

Meses despois viaxan até L.A. para gravar o que será o seu primeiro LP de estudio Broncodilatador que verá a luz en setembro deste ano. Un disco con 15 racións de gastropunk e música de diferentes estilos sempre baixo a premisa “mellor arriscarse e que rompa”. Até que o álbum saia á luz (coma se dun feto se tratar), sacan un EP para ir abrindo boca e pernas titulado “Que-de-leite!” con 3 temas dese futuro LP dispoñible para libre descarga aquí.

Bailen, cona! Bailen!

Próximos concertos:

 -11 de xuño, Campo das Cortes – Muros, De balde, 22.00 h.

-18 de xuño, Badulake – Ordes, Xunto a Familia Caamagno, 4€, 23.00 h.

-2 de xullo, “Pídechas o corpo” Festa do Orgullo Gai – Coroso, aparcadoiro da UAD (Ribeira), Con Talón de Aquiles, The Fe Kaos, The Siberets, Collón de Lola e Dj Manu Mimé, De balde, 22.00 h.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s