Entrevista a Metralletas Lecheras

Publicado: 03/06/2011 en Entrevistas

Algúns diredes: “Mandanabo, aqui deixades entrar a calquera”, pero non saquedes conclusións precipitadas, os Metralletas Lecheras son boa xente (a pesar do pasado dalgún dos seus compoñentes),  e mira, coma se non o foran, aquí o que nos importa maiormente é a música. Que teñen ese nome pola compulsiva e desmedida afición onanística dos seus membros? Pois vale, que queredes que vos diga??, teño pinta eu de Jorge Javier Vazquez??(xa sei que non me vedes, pero non a teño, palabra!). É isto unha nova versión a galega do Tomate??Non, non…antes a morte (dixital, se comprende). En fin deixóme de rollos e quedades coa conversa cibernética e desacompasada que mantiven cos Metralletas, o motivo?? Pero é que teño que dicilo todo? O seu novo artefacto sonoro, “Melodías para romanos”, dispoñible para escoita e descarga dende http://metralletaslecheras.bandcamp.com e tamén en vinilo, editado polo selo madrileño Bowery records.

A banda estará presentando o seu traballo acompañados por Le Cul o vindeiro 10 de xuño a partires das 22:00 h. no Pub Cachán de Compostela. Isto é o que me dixeron(que non é pouco).

P.- Imos ser orixinais, contádeme un pouco a historia da banda e quen a forma.

CAMILO: A banda a formamos Rafa (guitarra e voz) e Camilo (batería) na primavera do 2007 xusto cando acabábamos de deixar ás nosas mozas que eran supermodelos. Logo no 2009 entrou Zé Pequeno (baixo e voz) porque precisábamos axuda para cambialas bombillas do local de ensaio xa que entre dous era unha tarefa difícil e perigosa. Rafa aguantaba a escaleira, eu subíame a cambialas e con Zé xa foi perfecto porque el suxetaba as caixas valeiras das bombillas. Xa a finais do 2010 entrou Rubén Domínguez (Farfisa) e xa todo foi a puta bomba!
P.- Cal é a intención ao montar a banda? Tendes algún mensaxe que transmitir ou todo responde ao puro hedonismo?

CAMILO: En principio 100% hedonismo. Agora, cada vez máis, nos damos conta de que ademais de divertirnos nós e procurar divertir á xente temos un carácter divulgativo moi pronunciado. Facemos videos sobre temas moi diversos: arqueoloxía, historia de Galicia, etnografía, parapsicoloxía, filoloxía. Somos uns homes renacentistas. Somos xente moi preparada.
P.- Que influenzas tanto musicais coma doutro tipo tendes ? Quen é o voso tocador de aspiradoras favorito?(é unha aspiradora o que se oe en “Faire l’amour”?)

CAMILO: Nosas influencias musicais son moi amplas e diversas dependendo ao integrante a quen lle preguntes. Pero quizais teñamos como punto común o POP entendido éste como estilo amplísimo que abarca dende os clásicos dos 60’s ata chegar a hoxe con xente como Ariel Pink’s Haunted Graffitit. E en relación ao PUNK coido que ningún de nós somos grandes consumidores de PUNK, quizáis Rafa si que lle meta máis a orella aos grupos PUNK e CHATARRA pero no fondo somos uns poperos de mierda.
Rafa Anido é, moi posiblemente, un dos poucos humanos que rexistrase nun disco un solo de aspiradora. Sen dúbida el un referente mundial nesa disciplina.

RAFA ANIDO: Influenzas musicais fáloche do que mais escoito ultimamente: Fabianne del Sol, Tyrades, Big Black, Suede, Animal Collective, Disco Inferno, Le CÚl, Telephones Rouges, Camera Obscura, La Casa Azul, Sexareenos, Tycho, Deerhunter. Tamén inflúeme moito a parasicoloxía: Miguel Blanco, Teresa Cabadas, Iker Jimenez, Jimenez del Oso, La zona cero e tamén o galicianbizarre: Cañita Brava, Tojeiro, o tipo da hormigonera,José Blanco Pazos, Manuel Barca Domínques.

O da aspiradora non e a 1ª vez que o fago, nunha gravacion de Estoy Friki utilicei o tubo da aspiradora.
P.- Que tal a experiencia con Arturo nos estudios Abrigueiro? O sitio está moi aillado, chegastes a temer pola vosa vida ou a ser devorados por algunha besta salvaxe?

CAMILO: Gravar con Arturo e o seu can lobo está moi ben, é un gran profesional e mellor persoa. Ir a Friol mola, nunca tivemos problemas por esas terras. Rafa disque veu mesmo a un par de koalas por alí colgados duns eucaliptos.

RAFA ANIDO: A min encántame ese tipo de sitios , máis agrestes se cabe e andar espido por eles. Alí en Abriguiero pola noite non se escoita nada, so cans lonxanos, é moi bonito, sobre todo algo chuzado.
P.- Como é o voso proceso compositivo? A gravación foi feita gravando todos xuntos? De ser así, credes que é o mellor xeito de gravar e por que?

CAMILO: O noso proceso compositivo consiste en chegar ao ensaio e tolear a Cristo. Cando o temos ben toleado o deixamos rexistrado nunha cinta de cassete porque tralo proceso sufrimos dores de cabeza fortísimos e témonos que deitar a botar unha siesta nunhas padiolas que instalamos alí no local de ensaio. Logo espertamos e xa facemos vida normal.
A gravación foi moi ben porque somos uns musicazos da hostia. Case todos os temas sairon en 2 tomas. Primeiro gravamos batería, baixo e guitarra á vez e logo metemos ás voces e o Farfisa. A min (Camilo) gustaría algún día facer unha gravación 100% directo como o “Kick out the jams” dos MC5 con chavalas en pelotas berrando no estudio.

RAFA ANIDO: En canto ao proceso de gravación coido que o importante é captala enerxía, non entendo todas esas parvadas de que se gravas en directo cólanse cousas polo micros. Un dos mellores discos da historia, o Funhouse dos Stooges, se escoitas as pistas da batería, alí cólase de todo!! Qué importará iso se o resultado é grandioso?
P.-Por qué “Ana de Palacio” se chama así?

CAMILO: Supoño que porque a os seus pais lles molaba o nome de Ana. Logo xa o dos apelidos… iso non se elixe amigo!!!

RAFA ANIDO: Era ou é (non sei se morreu ela ou a irmán) moi opusina. Os do Opus nunca deberían ser ministros, polo menos nuha democracia. Hai unha cancion de Estoy FriKi que tamén se chama así.
P.– Coma foi o contactar cun selo madrileño coma Bowery records?

ZÉ PEQUENO: Demos con Bowery nun anuncio de contactos da Voz de Galicia. A ambas as partes nos seduxo o que se nos ofrecía e o prezo e acordamos darnos un revolcón.

RAFA ANIDO: Coñecíamos a Santi e Araceli de Bowery de fai tempo, cando soubo de nós interesouse o primeiro, supoño que o toque mongolo en plan Rizillos ou Dickies que temos axudou moito.
P.- Sodes fans do vinilo? Credes que é mellor soporte musical? E que pensades da súa suposta volta?

CAMILO: Si que o somos. O vinilo é o mellor soporte para perdurar e para existir. A xente que che merca o vinilo é porque o quere de verdade, o cd o descarga, o perde e o raia calqueira. O bandcamp e o mp3 son xenais para a difusión pero son moi volátiles. Hai que ser moi disciplinado e ter alma de coleccionista de vinilos (precisamente) para ter una arquiivo de mp3 perfectamente ordeado.

RAFA ANIDO: O vinilo nunca se foi sempre os merquei dende que empezei a escoitar música. Tamén nunha época pillei cds-posavasos deses. Todos sabemos cal foi o resultado dese fornato…
P.- Como definides o voso estilo musical se é que o facedes?

CAMILO: Eu no seu día falei de “instropunkpopsurf” e “gastropunk” e Zé pola súa banda falou de “new age revival”. En realidade non é un tema que nos preocupe pero somos conscientes de que o que nos quera etiquetar o vai ter difícil.
P.- Brevemente, que opinades do seguinte:

CAMILO:Conde Roa – Es un tipo que de hai sinco años a esta parte es un fuera de seria y se acabó”. Non, agora en serio, penso que vai esquilmala (pouca) cultura underground (que quedaba) en Santiago.
Derribos Arias – Poch é xenial. Tiña temas un pouco truños pero era un divertido.
Os indignados – Deberían intentar acampar onde haia herba. Mola máis.
Radio Océano – Son antergos nosos, non?
Wire – Sei que levan bandeiras rosas por un día que mirei a Rockdelux. RUBÉN: Aburrímonos pronto de tocar as cancións por iso duran tan pouco.
Drogas – Por sorte vivimos nun lugar privilexiado para a práctica dese deporte.
The Sonics – Amos
The Buzzcocks –Meu grupo punkpop favorito.
Iron Maiden – Foi a responsable de que nos 70’s nalgunhas vilas inglesas lles botaran prozak nos depósitos da auga.

RAFA ANIDO:

Conde Roa- Ten pinta de chungo, vieja guardia, pero imos darlle unha oprtunidade.
Derribos Arias- O Poch era un persoaxe sen pose, enfermou e gracias a iso retirouse a tempo da escea para non dar pena.
Os “indignados”- Estou nun 85% a favor deles,pero teño que recoñecer que non estou colaborando moito a verdade
Radio Océano – Eran míticos, pero escoitando o disco quedei bastante decepcionado a verdade. o 1º de Siniestro Total é insuperable. E o mellor o 1º de Viudad Gómez tamén está ben.
Wire – É un dos grupos cunha evolucion do máis radical que coñezo. O do principio… aquelo do punk intelectual con grupos como Gang of Four.
Drogas – O licor cafe, ainda que cando non teño moza tomo postre de máis.
The Sonics: Os primeiros quizais, o seu 1º single é o do ano 1963, igual antes Link Wray e Joe Meek.
The Buzzcocks- Molan moito as melodías e eran de Manchester.
Iron Maiden – Demasiado heavy metal escoitado de chaval que a nivel de influenzas serviu de pouco.
P
.– Que opinades da actual escena musical galega? Moitas bandas, poucas bandas, moita calidade, pouca calidade? Responde a xente nos concertos ou non?

ZÉ PEQUENO: Está estupenda de saúde e moi infravalorada. Págase moitísimo mais polos grupos que veñen de fora que en moitos casos non lles temos nada que envexar. Habería que empezar a cambiar a conciencia de ser sempre os “grupos locais que só serven para telonear”, só así poderíamos falar dunha escena galega.

RAFA ANIDO: Hai moitos grupos interesantes pero como di Zé só somos teloneiros dos de fóra sendo mellores moitas veces. Unha magoa. Temos a Le Cúl, Telephones Rouges, Lee Van Cleef, Franc3s, Miguel Prado, Samesugas, Homens, Diardemin, Señor Señora, Los Masoquistas, Los Santos, Zoofilia, Mano de Obra, Televisores, Fluzo, Malandromeda, Bulldozers, Noise Project, Carrero Bianco, Emilio José…
P- Tendes dado algún bolo fora de Galiza? De ser así que tal recibe a xente os temas en galego?

ZÉ PEQUENO: Si, por exemplo en Madrid. Ali non hai ningún problema por cantar en galego, a xente é bastante mais madura nese sentido. Todos consideran un grupo español a Dover por cantar en inglés, algo que aquí alguén cho discutiría se non cantases en galego. Nótase que alí están mais en contacto co resto do mundo civilizado.

RAFA ANIDO: Tocamos de vez en cando en Madrid. Alí aceptannos ben. Xa nos coñecen. O idioma o ven como un dos nosos instrumentos, defendemos a nosa lingua pero non en plan político. De feito tamén tocamos en castelán se nos peta.

CAMILO: Bueno, tamén tocamos en Ferrol e bastante ben, si. Houbo xente que nos preguntaba de onde eramos pero con google maps lles explicamos guai.
P
.-Por que titular o disco “Melodías para romanos”(non vale responder, porque non? Jaja)

CAMILO: O título do disco ven dun día que estabamos ensaiando e subidos ao muro da finca vimos a un par de nenos de nacionalidade rumana dándoo todo e berrando “rock’n’roll”. De ahí ven. Son melodías para romanos* (Os vellos aos rumanos lles chaman romanos).
P.– Cales son os vosos próximos proxectos?

ZÉ PEQUENO: Temos en mente gravar unha película tipo “Yellow Submarine” así moi psicodélica e tal, pero é moi complicado por falta de recursos. Tamén nos gustaría gravar un videoclip, ou facer un de debuxos animados co After Effects. Rafa tamén está pensando en ter un churumbel.

RAFA ANIDO: Rematar de vender as copias do 1º disco, gravar o segundo máis ala dos Ancares, facer un videoclip adicado as pelis de pelos 70’s e escomenzar a facer surf.

P.- Dicide o que queirades!(se queredes)

Os Metralletas imos estar aquí un bó rato jodéndovos a puta cabeza. Xa está!

Máis info: http://www.myspace.com/metralletaslecheras

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s