Telephones Rouges, novo 10″ e videoclip

Publicado: 17/05/2011 en Novas

Os Telephones Rouges presentan dende O Grove o seu primeiro 10″(a súa terceira edición en global) editado pola discográfica barcelonesa Mama Vynila Records(que se estrea con eles), consistente en cinco temas entre os que se atopan xemas coma “Helio”, tema do que podedes ver o videclip que fixeron os rapaces de Magnetova, a vinganza nunca soou mellor.

A banda, que se dí influenciada por grupos coma Suicide , Sonic Youth ou Screamers(incrible banda, magoa que non deixaran testamento discográfico) ente outros, presentara este traballo nun par de concertos en Barcelona, a saber:

-TELEPHONES ROUGES [Krautrock, Punk] (O Grove) + Trist Trash Trio [Garage punkrockers] (SBD) venres, maio 20 a las 22:00 “LA SALA”
 
-TELEPHONES ROUGES [Krautrock, Punk] (O Grove) + PIÑATA [Garage, Lo-Fi] (BCN) sábado, maio 21 a las 22:00, Sala Fundacio Màgica
   

Os Telephones Rouges, mellor demo galega do 2010 según Mondosonoro por este traballo, é un grupo poliglota que escupe as súas líricas en galego, alemán ou castelán e que gravou nos estudios Abrigueiro baixo a produción do mago Arturo Vaquero(toda unha garantía, podo asegurar e aseguro). Temas coma “Toma o caminho”(no que recordan os Screamers) ou o antedito “Helio”,  o cheiro a Sonic Youth en “Sr. Ruiz” e en definitiva os cinco temas que compoñen o traballo penetran  baixo a túa pel e trasladante ao angustioso mundo paralelo destes catro elementos. Eles mesmos dín que están entre o krautrock ou o shoegaze, caralladiñas místicas,  deixate de lerias , aquí hai calidade a eito e caña dende o peito(!). A mín teñen momentos que ata me recordan a algunhas bandas industriais ou post-punk(killing joke…), mais que nada pola atmósfera de opresión e esgano que acadan algunhas das súas tonadas en ocasións. Non inventan nada  novo nin creo que o pretendan, pero a quen carallo lle importa iso cando tes temas da calidade e chegada de estos? E por outra banda quen inventa algo novo a estas alturas? O que hai e moito desmemoriado ou descoñecemento musical.

Escoita o EP en( e mercao na páxina de Mama Vynila, é unha orde):

http://telephonesrouges.bandcamp.com/album/radiocontrol-ep

Mais info en:
myspace.com/telephonesrouges

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s