No means no -Sala Live (Madrid) 16/04/2011

Publicado: 17/05/2011 en Ao vivo

This slideshow requires JavaScript.

Os irmáns Wright andan de xira por Europa para presentar os seus dous últimos ep’s editados o ano pasado, e planearon varias datas na península. Unha delas foi na Sala Live de Madrid.

As 21:30 subiron ao escenario e comezaron con temas novos dos xa citados “Faceless may/old” e“Tour Ep2”. Quizais o tema mais destacado desta ultima etapa e que mais gustou ao vivo foi “Jubilation”. A banda soa moi potente, cos seus típicos ritmos que van dende o mais doce ao mais hardcore no mesmo tema, e cun son cheo de matices que incluso ten algo de jazz.

Mais de 30 anos na estrada non amansaron a estas feras, atacan con “Teresa (Gimme that knife)”, e comezaron os primeiros pogos. Semellan maiores, pero seguen na mesma liña de antano.

Temas dos seus tempos en Alternative Tentacles tamén soan, “Brother rat” por exemplo, acada un punto moi chulo ao vivo. Outro tema que o petou é “It’s catching up” seguida de “Oh Bruno” ambalas dúas do seu disco “Wrong”. Denantes de dar por rematado o espectáculo tocan “The river”, un tema do seu album “Why do they call me Mr. Happy?”.

Bótanse de menos algunhas cancións, especialmente de “Sex mad” ou “0+2=1”, pero está claro que non poden contentar a todos e cada un da reducida audiencia que se presentou en Carabanchel para ver os canadianos, case media entrada.

O son pareceume do mellor que teño oído nesa sala. Da iluminación non podo dicir o mesmo, non a había. Uns focos de luz branca inundaban o escenario sen ningún tipo de efecto ou luz de color. Pareceume un pouco estraño.

Namentres eles mesmos recollen as súas cousas, o público termina as súas cervexas e acode ao posto de merchandising na procura de camisolas e discos de difícil adquisición por aquí, entre eles os dous ep’s que só venden nos seus concertos. Un directo para lembrar con agarimo.

Texto e fotos: Raúl Gómez

Tradución: Rockisome

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s