Despois de quince anos, novo disco de Urge Overkill

Publicado: 13/05/2011 en Novas

Seguro que algúns de vos lembraredes o tema “Girl, you’ll be a woman soon”, orixinal de Neil Diamond, e que Urge Overkill versioneaba na BSO de Pulp Fiction, e que ademais soaba nunha das mellores escenas da dita película. Algúns menos recordaredes que os dous últimos discos gravados pola banda, eran dúas xoias, dous pequenos clásicos(Saturation e Exit the dragon) dos anos 90, nunha carreira que viuse truncada quizais por estar fora de lugar para o que pedía o público naqueles tempos. O rock duro elegante, de imaxe glamourosa e demais, era demasiado para os torturados fans do grunge daquela época. Pois ben, despois de que os dous líderes(Nash Kato e King Roesser) fixeran unha xira acústica hai uns anos, que chegou a pasar polo teatro da Estrada, e da que eu fun testemuña(gustoume moito por certo), despois de rumores e faladurías, despois de quince anos, Urge Overkill entregan novo disco, “Rock & roll submarine”. Polo escoitado, podedes escoitar o disco en Spotify, a banda volta en plena forma e entrega un moi bo disco. Agardemos que a xira pase por aquí. Mais abaixo podedes escoitar o primeiro single do disco. Hai edición en vinilo e cd, e xa podedes pedilo por exemplo na súa web.

Mais info: http://urgeoverkill.com/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s