Sex Museum/ Samesugas- Sala Nasa, Compostela (28-04-2011)

Publicado: 05/05/2011 en Crónicas ao vivo

   Despois de editar o seu fantástico ultimo traballo(Again & again, podedes atopar a crítica neste mesmo blogue) tocaba presentalo ao vivo, e nós  tivemos a sorte de que Galiza entrara dentro dos lugares escollidos para ese mester, inmellorablemente acompañados polos Samesugas, a piques de sacar novo traballo.

Abriron as hostilidades Samesugas,  cun son potente e nítido e o seu baixista, Alberte, sen parar nin un momento, amosando o que de verdade é actitude e entrega. Repasaron a súa discografía e presentaron un moi interesante tema novo, abrindo unha liña melódica  menos habitual no seu son. Moi bó concerto dos composteláns, tan só botei de menos algún dos seus míticos temas en galego(Non vou perder…), xa que só tocaron temas na língua de Shaeskpearre.

Con Sex Museum decotío teño un problema, vinnos moitas veces, e nunca me convence o seu setlist, ou sexa non tocan temas que para mín son básicos na súa discografía. Esta vez foi diferente no tocante ao seu ultimo traballo discográfico, tocaron todos  os que eu quería escoitar do mesmo(por min coma se o tocan enteiro, que é moi bó o seu ultimo disco, pero os que mais me chegan, quero dicir, tocaronnos). Comezaron con “Again & again”, cumio da psicodelia garaxeira, unha auténtica xema de canción,despois  foron caendo temazos coma “Seven days” mesturados con temas doutros traballos discográficos coma “Landlords”. Do seu ultimo traballo creo que tocaron catro ou cinco, o único que coma sempre, non tocaron clasicazos dos seus primeiros traballos (centranse nos seus traballos dos ultimos dez anos). En todo caso, soaron moi potentes, coa guitarra ao nivel do teclado(non por riba), coma no seu ultimo disco, cousa que me encanta. Perfecta interpretación, os irmáns Pardo estupendos , un a guitarra e outro as voces. A sección rítmica potente e avasalladora,  e Marta reinando cos seus teclados e hammond. Mención especial para Miguel que estivo ademais de fantástico a voz, moi activo fisícamente, movendose continuamente co seu particular xeito, mestura de Chris Robinson, Iggy Pop e Mick Jagger. En definitiva, concertazo e que volvan pronto (os dous grupos).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s