Indignádevos! – Stéphane Hessel

Publicado: 14/04/2011 en Libros

Hoxe vou facer unha excepción, e falar dun libro que non ten nada que ver co tema musical. Un libro escrito por un home de 93 anos, que foi membro activo da resistencia francesa contra os nazis e que colaborou na redacción da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Un libro curto, moi curto. Senón fora polo prólogo de Manuel Rivas e as notas do editor, estaríamos a falar dun libro de vinte e poucas páxinas.  Este inesperado éxito editorial, ven a ser o chisqueiro que prende a mecha. Probablemente non atoparas nel algo que aínda non saibas, pero dito por quen o di (fillo de xudeu , por certo), e coma o di, pode que ata chegues a sentir vergoña por saber o que sabes, e facer o que fas (ao respecto), e nisto tamén me inclúo eu, xaora. Non teño mais que animar a súa lectura e dicir: INDIGDEMONOS!!(razóns temos abondo).

O libro está editado por Factoría K de libros, un selo editorial de Kalandraka, e ten un prezo de 5 €.

Mais info:  http://www.faktoriakdelibros.com/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s