Os suecos Entombed actuarán o sábado en A Coruña

Publicado: 07/04/2011 en Concertos

Entombed actuará en A Coruña o sábado 9 de abril na sala O Túnel. O grupo sueco tocará xunto a outros tres grupos: os galegos Raze, os portugueses Holocausto Caníbal e os cataláns Körgull The Exterminator.

A banda, que naceu en 1987, foi pioneira do death metal escandinavo , denominado “son Estocolmo”. No 1990 publicaron o seu álbume debut “Left Hand Path” que os convertiu xa nunha banda de culto, pero nos anos sucesivos o seu son derivou ó hardcore punk. A partires da edición do seu terceiro álbume “Wolverine Blues” considerouselles creadores dun novo estilo musical que misturaba elementos do death metal clásico con rock, dando lugar ó “death’n’roll”.

Tra-la marcha de Nicke Andersson, que se uniu a The Hellacopters, o grupo buscou un son mais rockeiro e alternativo, afastándose do metal mais duro. Os cambios na formación repetíronse ó longo destes anos, convertendo ó grupo nun cuarteto, có que editaron “Morning star”, no que mostran un son máis endurecido.

O seu último traballo, “Serpent saints”, viu a luz en 2007 e confirmou a súa volta ó death metal con tintes rockeros característicos dos seus primeiros discos.

Entombed estarán acompañados da banda galega de tras Raze, os barceloneses Körgull The Exterminator, unha das bandas emergentes do panorama metal nacional e dos portugueses Holocausto Caníbal, un dos grupos referentes do gore death a nivel internacional.

Mais info:  http://www.entombed.com/ http://www.myspace.com/salaotunel

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s