Reincidentes tocarán en A Coruña o sábado 2 de abril

Publicado: 30/03/2011 en Concertos, Novas

O grupo sevillano actuará na sala O Túnel acompañado polos madrileños Censurados

 Reincidentes presentarán o seu decimosexto disco “Tiempos De Ira” na sala O Túnel de A Coruña o vindeiro sábado 2 de abril. Os sevillanos terán como teloneiros ó grupo Censurados, que presentan tamén novo traballo homónimo.

 A banda comezou a sua andadura musical en Sevilla, durante as protestas estudiantís de 1987, e xa dende os seus inicios se caracterizaron polas suas letras cheas de críticas á sociedade do momento. Tras case 25 anos de carreira na música, están considerados como un dos grupos máis importantes do rock social a nivel nacional. Nas suas cancións  tratan temas como a manipulación informativa, o conflicto vasco, o republicanismo ou a violencia de xénero. Tamén, influenciados polas suas raíces, trataron temáticas andalucistas e incluiron elementos flamencos nalgúns dos seus traballos. Ademais musicalizaron poemas de Miguel Hernández e versionaron a cantautores como Silvio Rodríguez o Víctor Jara.

O seu novo disco, editado en febreiro deste mesmo ano, segue a líña punk rock que lles caracteriza e fai gala de novo dunhas letras directas e afiadas. Está composto por dezaseis cortes que tardaron case un ano en gravar e pulir ata chegar ó son que buscaban.

O seu concerto en O Túnel será data única en Galicia e chegará despois de que o grupo realizara unha xira por Latinoamérica durante o mes de marzo.

 Abrindo o concerto estarán Censurados. Os madrileños, que cumpren 10 anos na música, presentarán os seus novos temas incluidos no seu tercer traballo, chamado como o grupo.

Máis info:  http://www.reincidentes-sca.es/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s