Tenemos la bomba de neutrones -Mark Spitz/ Brendan Mullen

Publicado: 28/03/2011 en Libros

Aquí temos o que podería ser considerado coma a secuela de “Por favor matame!”, en canto a formato e temática. Neste libro os seus protagonistas falannos da historia do punk e hardcore en L.A.(fundamentalmente na segunda metade da década dos 70).  Bandas coma Social Distortion, Black Flag, The Screamers(escoitade o pouco que hai deles, caralludos!!), The Zeros, Circle Jerks, X, The Runaways, The Germs, The Weirdos ou The Go-go’s(onde militaba Belinda Carlisle) entre outras bandas. Son os seus protagonistas os que nos contan esta historia, membros de esas bandas e doutras, e xente que formou parte daquela primixenia escea. Os autores, Brendan Mullen, fundador do club The Masque, e Mark Spitz, escritor habitual da revista musical Spin, recopilaron as declaracións de esta xente, e clasificaronas por capítulos e temática, e isto é o libro. Faise moi ameno e agradable de ler, aínda que boto en falta algunhas cousas, coma o pouco protagonismo que lle dan a The Zeros ou Social Distortion, ou que non se fale dos Dead kennedys, que non eran de L.A., pero por proximidade(San Francisco) poderían ser mencionados, cousas miñas igual. Moi interesante ver coma a partir da música e actitude de bandas coma The Doors,  Iggy Pop e os Stooges ou Bowie, surxe todo o movimento. Impagables as partes dedicadas aos concertos e actitudes dun pasadísimo de voltas,  Iggy Pop. Editado por http://munsterbooks.com/ aconsellovos que vos fagades con el agora mesmo aproveitando o desconto que ofertan. Tamén, se vives en Santiago, podes mercalo en A Reixa Tenda.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s