Chuck Berry – Rockin’ 20 original recordings

Publicado: 23/03/2011 en Criticas

Recopilatorio editado en vinilo(non sei se tamén en cd) con vinte temas  orixinais remasterizados de Chuck Berry. Temas coma o mítico “Johnny B.  Goode” ou “Maybelline”. Escoitade “Sweet little sixteen” e alucinade.  Si! Os Beach Boys fusilaronlle o tema, é calcado a “Surfin’ USA” ,  tiveron o detalle de cambiar a letra e o comezo negaban o plagio, ata  que o xuiz non tivo outra opción que darlle a razón a Chuck Berry.  Esquecedevos de inútiles coma o sobrevalorado Elvis Presley, que non  compuxo un tema na súa vida(ademais de non ter miolos, tampouco tiña  talento compositivo) , o señor Berry é autor dos vinte temas, vinte  clásicos, vinte pedazos de música atemporal para un dos pais do rock and  roll. Un home fundamental na guitarra rock, cantante, compositor,  guitarrista…Xunto con Little Richard, Muddy Waters , Willie Dixon e  moitos mais músicos de color, crearon un son único que foi a raíz para  todo o que veu despois, e iso que insisto, eran de color, cousa que na  racista e ultra-puritana sociedade americana da época(mediados dos  cincuenta) era un serio handicap(que non tivo o branquiño de Presley,  por exemplo). En fin, imprescindible!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s