Reedicións en vinilo de discos míticos

Publicado: 14/03/2011 en Novas

This slideshow requires JavaScript.

Da man de Elkar Música, temos a nosa disposición dende hai uns meses, a reedición de catro discos míticos: “Salve” de La Polla records, “Noche de rock and roll” de Barricada, “Inadaptados” de Cicatriz e “Kortatu” de Kortatu. Todos eles, a opera prima da banda correspondente. Eu fixenme co de Cicatriz e La Polla Records, e teñen unha presentación moi coidada. Vinilo de 180 gramos e as letras das cancións nun bonito libreto que inclue fotos das bandas. No caso de Cicatriz incluense dous temas míticos da banda que non  viñan na edición orixinal, e que forman parte dun famoso recopilatorio de Soñua: “Aprieta el gatillo” e “Eskupe”. Que se pode dicir deste disco? Se che gusta o punk-rock subversivo, macarra, cañero, con coros oi!…este é un dos mellores, senón o mellor exemplo. Para mín unha banda referente total, e este o seu mellor traballo. Agora imos coa reedición de “Salve” de La Polla Records, que inclue o seu primeiro mini-Lp “Y ahora que?”. Outro disco imprescindible, ainda que para mín este non foi o seu culmen. Todo esto a un prezo moi razoable, así que se sodes fans destas bandas e do vinilo, non o pensedes mais. Podedes mercalos enhttp://www.elkar.com/ ou en Munsterama.

Por outra banda, a discográfica catalana B- Core, tamén reedita en formato vinilo outro clásico, o imprescindible “Antitodo” de Eskorbuto. Coidada presentación, vinilo de 180 gramos e unha remasterización que neste caso notase e para mellor. Do traballo musical xa non digo nada, poesía descarnada, mala ostia, pus mesturandose con sangue…Eskorbuto. O prezo tamén é moi razoable e se vos queredes facer con el podedes facelo ,por exemplo,aquí.
Máis info: http://www.elkar.com/ http://www.bcoredisc.com/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s