The Meanies – The meanie of life

Publicado: 05/03/2011 en Criticas

Aquí temos o último lanzamento  dunha das miñas bandas hardcore favoritas, os australiáns, The Meanies. O disco está editado en formato LP por Munster Records e é unha reedición dun recopilatorio de temas pertencentes a singles e gravacións varias da banda, que só foi editado en Cd en Australia a mediados dos 90. The Meanies para que non os coñeza son coma uns ramones postos de esteroides : máis velocidade, máis distorsión pero o mesmo sentido melódico. Fai pouco que se pasaron pola península despois dunha chea de anos sen vir(lamentablemente non poiden velos) e parece ser que seguen conservando parte da súa intensidade primixenia en directo. Aquí atoparedes vintecinco temas con moita forza e velocidade, bastante alonxados das súas derradeiras gravacións de fai xa case dez anos que levaban unha onda máis pop(pero igualmente moi recomendables). Punk-rock a e hardcore a gorxa!! Temazos coma “Darkside of my mind”, anque podería listalos todos, por que todos raian a gran altura. Vinilo de 15o gramos con carpeta despregrable e a bó prezo.  Faite un favor e deixa que os Meanies entren na túa vida!!

P.D.: IM-PRES-CIN-DI-BLE  a escoita do seu disco “10% weird”, coma pouco.

Máis info:     http://www.themeanies.net/ http://www.myspace.com/therealmeanies

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s