Batusi, instro punk soul dende A Coruña

Publicado: 02/03/2011 en Coñeces a...?

O noso amigo  Bicao presentanos a esta banda de A Coruña, Batusi. Cando falamos de música instrumental seguro que tendes na cabeza a The Shadows, The Ventures, Dick Dale ou o semideus Link Wray, pero está banda de A Coruña fai algo diferente e máis heteroxéneo. Guitarras que as veces soan country ou máis rockeiras,  aires 50’s, órgano,  sección de vento, soul, aires tropicais….toda unha mestura de sabores o servicio dunha música ideal tanto para desfrutar dun coktail relaxadamente coma para mover un pouco o esqueleto. A banda está formada por membros de bandas coma Ultracuerpos, Meu ou Rockers go to hell. Dinse influenzados pola mítica formación de música soul instrumental Booker T. & the MG’s e segundo nos informa Bicao agora mesmo están mergullados no proceso de gravación de novas músicas. Namentres desfrutade dos temas que podedes escoitar no seu myspace.

Máis info:
http://www.myspace.com/batusiband

Aquí os tendes en directo marcándose unha versión de Charlie Mingus:

Advertisements
comentarios
  1. Bicao di:

    Matización amig”a”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s