Vómito – En la zona zero

Publicado: 01/03/2011 en Criticas

Volven os míticos Vómito co seu primeiro traballo longo dende a súa volta os escenarios do ano 2009. Para quen non os coñeza, foron un dos grupos básicos do estoupido punk(tamén chamado Rock radikal vasco, aunque esta foi unha etiqueta mediática da que casi todalas bandas implicadas renegan) acontecido en Euskadi a comezos dos 80. O caldo de cultivo de todo isto en Euskadi foi similar o acontecido en Londres. Quizais en Euskadi moito máis duro, pois o paro e a alienación, sumabase a represión policíal extrema daquela época, porén a música punk foi un instrumento co que os xóvenes vascos podían expresar o seu desacordo coa situación e o seu desacougo existencial. Con isto non esquezo a primordial escea punk neoiorquina(The Ramones, Dictators…), pero o referente en Euskadi era máis ben a escea inglesa, con esa querencia polas letras reivindicativas e cun marcado carácter social. Podese dicir de feito, que a escea punk de Euskadi foi unha das máis importantes de Europa(e posiblemente do mundo), La Polla, Eskorbuto, Kortatu, R.I.P, Cicatriz….son coñecidos all around the world. Para a maioría destas bandas a súa música e actitude non era unha simple cuestión estética e “de moda”, feita por xente nova a que lles sobraban os cartos, coma algunhas outras bandas estatais saídas dunha moi sobrevalorada escea. Vómito editaron catro traballos discográficos ata a desgraciada morte do seu cantante Víctor. Hai que salientar a súa participación no recopilatorio de Discos Suicidas, “Skalherria punk”, editado antes  co seu primeiro disco e contendo o seu clásico “Fuerzas de seguridad”.  A música de Vómito foi evolucionando dende o hc-punk  do seu primeiro disco(“Vómito”) a un punk máis siniestro e traballado no segundo(“A un paso de la locura”) e con letras menos sociais e máis baseadas no terror, nos cómics(o seu incrible “mirando al abismo” está inspirado no comic “The watcher”) , nalgún macabro suceso(“Mama le ha cortado la cabeza a papá”) ou nun relato de H.P. Lovecraft(“En las montañas de la locura”, de feito o disco esta adicado a él). Despois sacaron un directo imprescindible, “El ejercicio del crimen”, dandolle un repaso a súa discografía e contendo catro temas novos que figurarían no seu ultimo lanzamento antes da morte de Víctor, “La circulación en el laberinto”. Neste ultimo traballo, editado en 1995,  seguen un pouco esa liña siniestra visceral  pero endurecendo o seu son(máis rockeiro e potente). Despois da morte de Víctor o grupo durou pouco máis ata o ano 2009. Hai que dicir que a base de Vómito eran Claus Groten (baixista) e Víctor(voz). Os demais membros foron cambiando e nesta nova encarnación ademais de Claus encargandose do baixo e as voces, figuran antigos compoñentes da banda. A voz de Víctor, esa profundidade e agresividade é irrepetible, pero hai que dicir que a de Claus sen igualala, soa moi ben,  agresiva e siniestra. Este novo traballo, precedido polo lanzamento dun E.P. (“Regreso a la escena del crimen”) no 2009, conta con doce temas máis unha intro que seguen un pouco a senda do seu último traballo. Temas oscuros tanto musical coma letrísticamente, con guitarras moi traballadas e que soan moi potentes e contundentes.  Temazos coma “Regreso a la escena del crimen” ou “Sigo vivo”, outros recuperando a velocidade da súa primeira época pero máis rockeiros coma “Yo soy el virus”. A voz de Claus coma dixen, cumple moi ben e a min persoalmente encantame. O disco  está editado por Potencial Hardcore(distribue Munster Records) en CD e LP, e é moi recomendable . Máis abaixo tendes o videoclip dun tema do disco e a versión en formato acústico de “Sigo vivo”.

Jorge R.

Máis info:http://www.myspace.com/vomitosocialsite

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s