Os Fervellasverzas

Publicado: 28/02/2011 en Coñeces a...?

Hoxe presentamos para quen non os coñeza a unha banda rockeira de Pontevedra  cun curioso nome, Os Fervellasverzas. Comezaron facendo punk-rock e algo diso aínda teñen(ese Dígame taxista), pero básicamente polo escoitado son unha banda de rock duro(boogie) variado, cun chisco de southern-rock,  algún deixe funk e incluso atrevense co bluegrass(nese tema ata recordan a The Cramps). Unha banda moi versátil pero con personalidade, non soando deslabazados ou dispersos para nada. Teñen tocado por Galiza adiante e teloneado a bandas coma Heredeiros ou Celtas Cortos. O ano pasado gravaron o seu 2º disco, que leva por título “Instinto animal”, e agora dín estar buscando discográfica para editalo. No seu myspace  podedes escoitar varios temas de ese novo disco, e teño que dicir que soan moi ben, con moita forza,  rockeiros e pegadizos, nalgún tema lembranme os Siniestro Total máis rockeiros(con Julián Hernández a voz). Todo un descubrimento para os máis rockeiros, pedazo de banda!

Máis info:  http://www.myspace.com/osfervellasverzasrock

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s