Entrevista con Novedades Carminha

Publicado: 25/02/2011 en Entrevistas

Co galo do próximo  lanzamento do seu segundo disco, que ten o clarificador título de “Jodete e baila” e  que saíra o vindeiro 13 de abril, enviasmoslle un cuestionario a Novedades Carminha que reproducimos tal cal eles nolo devolveron. O disco foi gravado nos estudos Tigruss(Gandía) e segundo eles,  sen esquecer a súa forza punk primixenia, aposta por un son máis garaxeiro e bailón.  Dinse influenciados neste novo album polo estandarte do garaxe-rock americano máis low-fi, The Black Lips(moi recomendable o seu terceiro album “Let it bloom”, tocaran pronto na GZ) e por bandas coma Ty Segall, Jay Reatard, Harlem, Vivian Girls ou Thomas Function. Se eres fan de Judas Priest(eu sin ser fanático deles, penso que  cantas bandas pagarían por ter un 25% dos temazos que eles teñen), non sigas lendo, volve a loita oitenteira heavy’s vs. punks da mán de Novedades Carminha. Se andas a procura de xente políticamente correcta, segue camiñando. Se buscas xente que trabucada ou non, non teña pelos na língua, senta e ponte cómodo.

P.- Estades a gravar un novo disco, que se pode esperar de vos neste novo traballo e que podedes adiantar do feito ata o de agora en canto a dirección musical, temática das letras, son..etc?

N.C. Que coño vas esperar de nós, pailán? A dirección musical é para as bandas municipais e as orquestras, polo tanto simplemente facemos coma sempre: un, dous, tres e arriba. As letras son do alfabeto latino

P.- Cales son as vosas principais influenzas musicais e cales(aínda que poidan ser as mesmas) foron as que vos levaron a botarvos a perder facendoos perigosos delincuentes musicais?

N.C. As infuencias son múltiples e nin están encadradas nun estilo nin nunha forma de ver a música. Últimamente estamos flipando coa nova onda de garaxe americano (Black Lips, Jacuzzi Boys, Jay Reatard, Best Coast, etc), aínda que cada un de nós escoitamos moitísimos grupos de moitos estilos. O noso brackground musical e moi diferente: desde a Velvet a The Drums pasando por Siniestro total e a orquestra Los Satélites. Cada grupo que nos mola ten cousas que despois reciclamos de algún xeito. Tamén practicamos a reciclaxe real facendo croquetas todos os mércores.

P.- Cal é o voso soporte musical preferido (vinilo, cassette, cd..) e por qué? Como vedes o actual auxe do vinilo?

N.C. O soporte da un pouco igual. O carallo é escoitar música e non mollar a braga por que esta sexa americana ou canadiense. Aquí tamén se fan cousas boas. Qué estea ou deixe de estar de moda o vinilo a nós súdanola un pouco, aínda que sexamos coleccionistas cada un na nosa casa.

P.- Volvendo a gravación, que tipo de son buscades cando gravades? Que pensades da tendencia da música mainstream (e tamén de moita da outra) a facer esas gravacions supercomprimidas e megaperfectas que teñen coma resultado que todalas bandas soen semellantes e que se perda a dinámica musical case por completo? Cal sería para vos un bó exemplo de disco que sone “que te cagas”?

N.C. Para o noso novo disco, “Jódete y Baila(Lixo Urbano, 2011), que sairá o próximo 13 de abril, buscamos e conseguimos un son máis natural. Somos un grupo de directo e de local de ensaios, polo que nos mola que as cousas soen reais. Sin ser militantes da chatarra, o son a medio camino entre lo-fi e o hi-fi é o que nos mola. Moitas bandas buscan a perfección en canto a son e o único que consiguen é un son pretencioso, pedante e hortera, que en ningún caso é o seu son persoal. Somos unha banda de garaxe-punk e así queremos soar, a garaxe e a punk, o que non quere dicir que gravemos con mal material nin en malos estudos. As superproduccións no rock and roll son una pailanada. Un disco que soa que te cagas é o último de The Strange Boys ou o Minor Love de Adam Green.

P.- Gravacions por pistas ou por separado, que preferides e por qué?

N.C. Gravamos en directo e todos xuntos, como se gravou o rock and roll toda a puta vida. A intensidade e a frescura de cando estamos tocando todos xuntos é moi diferente a facelo por pistas, que so as utilizamos para vir borrachos das verbenas.

P.- Coido que sodes todos periodistas, postos a escoller que prefeririades unha longa e satisfactoria carreira musical(vivindo da música vaia), ou unha longa e satisfactoria carreira periodística?

Carlos: A min o que me mola é a música. Temos a sorte de que son dous terreos que están moi preto, e nos permiten estar en permanente contacto coa música dende o xornalismo e co xornalismo dende a música. Eso si, mola máis ser punk que oficinista.

Jarri: A min o que me asusta do de vivir da música é acabar sendo un xornaleiro do rock: depender de facer tantos concertos, discos ou o que sexa ao ano para sobrevivir. De todos os xeitos, polo momento non nos temos que preocupar por iso…

Xavi: Non o tenho claro. Nos dous mundos corres perigo de convertirte nun autentico coñazo. “Matame camión no quiero ser viejo”.

P.- Como compoñedes entre todos ou hai alguén que chega cos temas casi niquelados , facedes jams ou brainstorming? Dádelles importancia as letras , tendes algunha mensaxe que transmitir a esta xuventude descarriada e malfalada coa que tendes que convivir?

N.C. Temos un modus operandi algo similar, xa que estamos europeizados e ensaiamos por obxetivos. Normalmente todos imos reclutando ideas tanto de composición como de son e estilo e poñémolas en común no momento que teñamos por obxetivo gravar un disco ou facer concertos. As letras saen nos bares, coa única pretensión de transmitir diversión e non sermonear a ninguén.

P.- Que considerades máis importante a hora de facer música, a técnica musical e o virtuosismo ou a imaxinación e inspiración para facer boas cancións?

NC : A ti que che parece? O máis importante é saber copiar. Para nós a técnica sempre foi suficiente para expresar o que queríamos. Tamén é certo que o día da fundación do grupo, despois de reventar na proa a botella de champán,deixamos de lado a cuestión de técnica musical e nos dedicamos a tocar cos collóns. Para compoñer boas cancións pop hai que ter escoitado moitas boas cancións pop e sabelas conxugar con outras cousas que che inspiran, coma o porno, os xogos de azar e o futbolín.

P.- Decídeme en poucas palabras que pensades destas bandas ou artistas:

-Ramones: C e J: MOLAN. X: Marky Ramone PESADO.

-La Polla Records: Carlos: UNHA MERDA; Jarri: Os primeiros discos “Salve” e “Revolución” son incribles, os seguintes non os aturo tan ben; Xavi: MOLAN

-Hombres G: Non nos atraen nada de nada.

-Parálisis permanente: MOLAN Moito.

-Johnny Cash: MOLA, pero é un pouco como a compota navideña. Empalaga por repetición.

-Ted Nugent: UNHA MERDA

-Judas priest: Unha panda de pajilleros co pelo graxento que dan puto asco fisicamente e ganas de vomitar cando escoito a súa música.

-O Leo i Arremecaghoná: MOLA. É único

-Metralletas lecheras: MOLAN, pero tamén se fan moitas pallas, coma Judas Priest.

P.- Coma se chamaría unha hipotética canción vosa adicada o actual lider do PP (Mariano Rajoy)?

Nunca se nos ocurriría facer unha canción cunha temática tan aburrida.

P.- Que pensades das bandas que teñen letras políticas e reivindicativas, gustanvos?

Carlos: Non. Parécenme un pesadelo auténtico. O pensamiento político ten o seu lugar, e é necesario adquirir una conciencia política profunda, que se consigue informándose. Simplemente creo que os grupos que reivindican de xeito tan pouco sutil suplen as súas carencias creativas do mesmo xeito que o fan os partidos políticos aos que critican, dirixindo un discurso determinado a un público determinado que quere escoitalo, polo tanto iso supón anular o leit motiv do punk que é a provocación e a orixinalidade. Precisamente o punk nunca se identificou cunha ideoloxía, senón que funcionou como arma contra a alienación política e social.

Jarri: Todo é política. Nas nosas letras tamén hai política, o que pasa é que non somos ningún partido. Suscribo o anterior.

Xavi: son da opinión de que os músicos non son os mellores lanzando ideais políticos en forma de eslogan ou estribillo. A música termina por converter, e sobretodo nestes días, todo nunha marca, nunha mesaxe barata, sinxela e carente dunha ideoloxía real . A política non pode ser tendencia

P.- Eu penso que a movida madrileña en xeral está moi sobrevalorada(TdK por exemplo son da época e son a ostia, pero eu non os metería aí falo de Glutamato ye-ye, Pegamoides, Kaka de luxe, Elegantes, ..) que pensades vos? E do chamado Rock Radikal Vasco? Gustavos algunha banda deste ultimo movemento(CIcatriz, RIP, La Polla, Eskorbuto, Parabellum, Vomito, Kortatu…)? E xa postos da movida viguesa dos 80 que pensades?

C: A min os Pegamoides parécenme un grupazo de punk, igual que Kaka Deluxe, Derribos Arias ou moitos outros. Como en todas as épocas había grupos bos e grupos malos. Eles foron os primeiros en importar ideas que estaban florecendo en Inglaterra e EEUU e acoplalos ao noso xeito de vivir e de contar as cousas, por iso merecen un respeto. Paréceme que están sobrevaloradas cousas en concreto que se meteron no mesmo saco, e detesto que os peluqueiros, os travestis e as putas foran considerados artistas por ser diferentes.

O rock radikal Vasco non me interesa demasiado, quizáis porque empato menos coa súa música e a súa tematica, que deriva máis do hardcore punk, anque Eskorbuto é un grupo que me gusta moito. Na movida de Vigo pois igual, hai cousas que me gustan e outras que non.

De todos os xeitos, supoño que estas foron épocas onde se crearon ambientes moi especiais e iso é sempre enriquecedor para os que teñen a oportunidade de vivilo e para os trapicheiros de farlopa.

X: De seres un rocker estarías resentido por ser excluido da movida. En tódolos coles hay pringados, chapones, macarras, cachondas… E sempre hay algún que lembra as cousas diferentes de como foron. A min as discusiones do tipo “Quen molaba mais?” xa me aburren un pouco. En definitiva: o que importa son os discos que tés na casa e se ninguén os conhece podes pensar que molan moito máis.

P.- Credes que hai ou pode haber unha explosión de grupos galegos que poidan sacar un pouco a cabeza agora mesmo ou a curto prazo(Vos, Le Cul..etc)? Estades o tanto do que vai saindo na Galiza?

NC: Si, estamos moi atentos a todos os grupos que saen de Galiza. Realmente hai un nivel increíble. Hai grupos galegos dos que se fala moito fora, un exemplo é TAB, que arrasan onde van e moitos outros que teñen moi boa acollida como Telephones Rouges ou Indómitos. Nós agora teremos unha xira de presentación do disco de 20 concertos polo estado e esperamos ser ben acollidos, porque senón van chover hostias.

P.- Agora unha pregunta típica e tópica, como son os concertos de Novedades Carminha? Preferides dar un concerto musicalmente perfecto ou antepoñedes o bó rollo e a festa ó anterior?

C: Nós sempre intentamos estar musicalmente impecables anque toquemos punk, pero iso non é incompatible coa festa e o bo rollo, todo o contrario. Si ofreces un bo espectáculo a festa será mellor. Por iso nos gustan tanto os grupos que fan compatibles as dúas cousas. Follar está sobrevalorado.

J: A min iso do bo rollo non me mola nada nun concerto de rock and roll, se che digo a verdade. Gústame que haxa tensión entre pista e palco. O da festa é imprescindible, tes que pasalo ben, se non a que vas a un concerto?

X: O importante e tocar rápido, non parar,  non aburrir. A mala ostia é necesaria. Se tes que parar para pensar, mal. A festa é imprescindible pero antes de tocar somos como angelitos.

P.- Que opinión vos merece a maioría da prensa musical do estado , refírome a que traballa nos grandes medios El Pais, Rolling Stone..?

C: Non recollen todo o que hai, pero si parte. Tanto El País como Rolling Stone fan cousas interesantes, ao igual que Rockdeluxe, Ruta 66 e un montón de fanzines e Ezines independentes . Os grandes medios deberían de abrirse moito máis e fomentar un espíritu crítico e non impoñer bandas á vez impostas polas grandes discográficas. Si atenderan un pouco máis ao underground sería moito máis enriquecedor tanto para as bandas como para o lector.

J: En todas as artes hai que atender aos novos creadores, xa que son os que traen a merda fresca e visceral. Darlle cancha so aos vellos e asentados, que ofrecen material que cheira paréceme infame, como a Cidade da Cultura.

P.- Recomendádeme algun grupo novo ou grupos que vos impactaran? Cal é o derradeiro disco que mercastes?

C: Para min Lüger e Triángulo de amor bizarro son as das mellores bandas da actualidade do estado. Tamén están Juanita y los feos ou Los Claveles. De fora mólanme The Oh Sees, Black Lips e Ty Segall sobre todas as cousas.

O último disco que merquei foi un de Nobunny

J: Todos eses mólanme. Tamén están por aí funcionando a pleno rendemento Caballo Trípode, Nueva Vulcano, Fuckin` Bollocks ou The Homens, que agora fan shows en acústico para a 3ª idade. Ben por eles! O último disco foi dun grupo asturiano de punk: Las Nurses

X: Eu ando a flipar con bandas como Tweak Bird e os Black Keys. Flipei cando escoitei o disco de Girls e os ‘ultimos temazos de Junip. Flipei con Strange boys en concerto e Waves me pareceron unha puta merda. O último disco que merquei foi o No Season dos Jacuzzi Boys.

P.- Para rematar, plans futuros e decídeme, se no 2012 chega a fin do mundo que é o que tendes pendiente por facer antes de tan magno acontecimento?

N.C. En abril e maio imos xirar por toda a península para presentar o novo disco: Santiago, Zaragoza, Barcelona, Girona, Freakland, Gijón, Bermeo, Valencia, Alacant, Madrid, Granada, Úbeda, Coruña, Vigo, e se cadra algunha sorpresa de última hora. O disco vaino editar Lixo Urbano e distribuirao Munster Records. Sempre soubemos xuntarnos. No 2012 acabará todo, pero deixaremos un cadáver bonito para que todos poidades mirar para el. Saudarnos sempre!

Máis info:     www.myspace.com/novedadescarminha

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s