Zënzar preparando novos temas con vistas a un novo traballo

Publicado: 24/02/2011 en Novas

Informanos Manolo, batería dos grandisímos Zenzär, que este ano os decanos do rock en galego voltaran a traballar en novos temas “coas mesmas ganas que aló a finales dos 80, pero con máis madurez e serenidade!”. A súa intención é a de publicar un novo disco a comezos do 2012 , o que supón unha moi boa nova para todolos seus siareiros. Compaxinaran esta labor compositiva con actuacións en directo, despois de finalizar a longa xira de presentación do seu fantástico e derradeiro disco ata o momento, “A tribu”. Un disco compacto coma o formigón armado e cheo de temas impresionantes coma esa xoia da música galega contemporánea que é “Caneando ruainas”( e non esaxero un pelo). Contanos que existe a posibilidade, aínda non confirmada, de que o seu novo disco, o sexto da súa carreira, vaia acompañado dun DVD cun concerto gravado na súa casa, en Cerceda , no ano 2009.

Durante o 2010 tocaron tanto en pequenas salas e concertos solidarios coma en festivais coma o Karraskal Rock ou o Arrecabo 2010, compartindo escenario con bandas coma Rosendo, Kaótiko ou Segismundo Toxicómano o mesmo que con outras moitas bandas galegas. Unha desas bandas foron Esquíos, e teño que dicir que si coma banda son grandes, coma persoas aínda son máis grandes.

Máis info en: http://www.myspace.com/somoszenzar

En directo na TVG, no programa Banda Curta:

Recentemente fixeron un concerto para a  Radio Galega música e produciron un video da versión acústica do seu “Tiven un Bar” con sabor a Bossa Nova e que pòdes ver aquí:

Advertisements
comentarios
  1. MANOLO di:

    noraboa por este sitio para as novas, sobre todo do rock galego, e graciñas polas loubanzas.
    un Zenzar…

  2. Bocixa di:

    Un saúdo desde territorio “Cercedil”, kochikeira galega!!
    Nese concerto de Esquíos fixenme cun vinilo da banda que gardo como parte do legado á miña pequecha Saínza! jejeje
    Bicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s