Susie Q’s

Publicado: 22/02/2011 en Coñeces a...?

Hoxe presentamosvos a unha banda procedente do noroeste da provincia de Ourense, Susie Q’s. Unha banda de rock and roll que coma eles mesmos nos contan nacen coma banda paralela dun grupo de  amigos que militan en bandas coma Mississipi Blues Explosion, Kambotes, Demetrius,  ou Kaso Aparte. No ano 2007  é cando  o seu proxecto toma visos de realidade e gravan a súa primeira demo, “P.K.O.” onde apuntan por onde irá o seu son. Na actualidade seguen ensaiando, compoñendo e dando concertos mentres  preparan o seu primeiro disco longo que agardan  ter listo nun breve lapso de tempo.  Describen os seus concertos coma “vibrantes” e din “entregarse e interactuar co público asistente, que desfruta dunha grande descarga de rock and roll”, non o dubidamos e damoslle dende aquí os nosos parabéns por ese próximo primeiro traballo discográfico que de seguro vai dar que falar. Se queredes saber máis deles ou estar o tanto da súa actividade :
http://www.myspace.com/susieqsband

Velaquí unha mostra da música destes rapaces en forma de videoclip:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s