Agora sí!! …despois igual non(imolo vendo), o novo de Esquios

Publicado: 22/02/2011 en Novas

“Agora si!!…despois igual non(imolo vendo)” é o título do que será o novo traballo de Esquíos(dos que formo parte, por certo). Despois de dous discos gravados por min mesmo no noso local, voltamos a poñernos nas máns dun profesional que neste caso será o gran Arturo Vaquero,  responsable da masterización do vindeiro traballo de Ultraqans(e de centos de traballos máis)  e co que fixen, hai máis de dez anos, a que foi a derradeira gravación de Micropuntos, a banda na que tocaba eu daquela(dende aquí podedes descargar esa gravación). Serán 12 temas nos que a tónica xeral é un incremento da velocidade e da contundencia, alonxandonos un pouco da nosa etapa mais garaxeira, achegandonos a un son menos suxo e contendo algún tema máis experimental dentro dos nosos parámetros(xa vos adianto que non habera nin lambada nin reggaeton). Aí podedes ver o deseño de portada provisional, que ten visos de pasar a ser definitivo. O disco gravarase, mesturarase e masterizarase durante 4 días de finais do mes de abril, polo que poida que saia a finais de maio. Se queredes a miña opinión, este vai ser o mellor disco que gravamos , por que nel van ir os mellores temas que xamais tocamos, pero coma son membro do grupo e ademais eu compoño os temas, xa veredes vós a credibilidade que lle dades as miñas verbas. A partires de maio agardamos comezar a tocar de novo ao vivo, xa que para quen non o saiba,  actualmente estamos parados debido a unha operación de xeonllo do noso batería. E xa que estamos, aínda queda algunha copia en vinilo do “Galician carraxe on garaxe”, se a queredes podedes pedila a esquios@esquios.com, ou mercala en Santiago,  en Discoprecio ou na Reixa Tenda.

Máis info en: http://www.esquios.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s