Rockers go to hell

Publicado: 19/02/2011 en Coñeces a...?

Presentanos Bicao dende a Coruña ós seus paisáns Rockers go to hell. Banda formada por xente que milita ou militou en bandas míticas da cidade herculina coma Mandrágoras, High Time, Thee Virus ou Ultracuerpos, e que forman  tamén en Meu ou Batusi.  Unha banda de auténtico e xenuino rock and roll, de ese que bebe directamente das fontes primixenias: country, blues, rockabilly…todo elo cun pequeno toque punk. Máis de dez anos levan reivindicando e versioneando o primixenio rock’n’roll,  Gene Vincent, Elvis, Eddie Cochran, Link Wray e outros clásicos soan da man destas cinco bestas pardas do rock’n’roll. Nas súas propias verbas: “Somos unha banda tributo ós grandes do Rockabilly, Country e 50’s R&R”. A formación actual é:  Oscar Caramés – Batería. Mikelini Martínez – Contrabaixo, Baixo. Kiko The Jams – Guitarra. Pepe Top Ten – Guitarra. Álvaro Dorda – Voz. Teñen tocado por toda Galiza e parte da península e segundo informa Bicao actualmente podedes velos todolos xoves no pub Garufa en A Coruña,  onde actuan coma banda residente.

Máis info e música en:   http://www.myspace.com/rockersgotohell

Tamén recordamos e presentamos a quen non os coñeza, os  Ultracuerpos,  banda que segundo  informa Bicao segue funcionando e que coido  ten a mesma formación que os Rockers go to hell. Ultracuerpos teñen editados tres discos de high-energy rock and roll, o ultimo deles, The awesome amazing sound of(título inspirado por The Psychedelic sound of the 13th floor elevators, un dos discos favoritos de Dorda o cantante  e tamén do que suscribe), editado no 2005 porEl Beasto, e amosando unha faciana menos punk e máis heteroxenea e rocanroleira. Teñen tocado por toda a península e agardamos que en breve voltemos a saber algo deles, namentres tendes tres magnificos discos cos que sumerxervos no maravilloso mundo do rock and roll!!

Se queredes facervos con algún vinilo, cd ou incluso unha camiseta deles: El Beasto Shop

Quedades cun dos temas mais bailables do seu ultimo disco:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s