Tiro na testa- Kopa-turvo deiecesion

Publicado: 18/02/2011 en Criticas

Novo traballo da banda de Donramiro(Lalín), presentado en formato digipack e na compaña dun gostoso DVD con videos de concertos, entrevistas e algún ensaio.

Dezasete temas que reparten caña a esgalla tanto musical coma letrísticamente, punk-rock con algúns toques mais rocanroleiros en temas coma “As carricantas e as formigas”  ou “Hansel e Gretel” . Coma curiosidade dicir que ollando para os títulos  da meirande parte das cancións lembrome do “Donde se habla” de La Polla Records, contendo case todas o nome dalgún animal, coma “O lobo e o marrau”, “O burro e o doutro Bacterio”, “A lebre mailo sapoconcho”…etc Baixan o pé do acelerador no comezo de “O pavo real e a gra” , o tema máis longo do disco con varios cambios moi ben traballados, onde amosan outro tipo de influenzas e solos guitarreiros incluso de corte blues. En “O traxe novo do emperador” sonan máis hardcore chegando a recordar incluso a System of a down nalguns aspectos do tema. Este tema ten dúas partes, soando na segunda moito máis tranquila e cun certo toque ska. Disco que gostara os amantes do punk-rock clásico e o rock urbano,  pero que mesturan con outras influenzas en varios temas que o fan máis interesante. Abundantes coros e retrousos para berrar puño en alto(nalgúns temas recordan a un grupo oi!),  para os que sigan a banda xa saben o que van atopar. O disco sona potente e nítido, batería de son seco e contundente ,  guitarras distorsionadas pero claras, voces e coros perfectamente audibles e algunha gaita soando por aí.

Jorge R.
Podes pedirllo directamente a eles en(8 €):    tironatesta@hotmail.com

http://www.myspace.com/tironatesta http://tironatesta.webcindario.com/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s